Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso reclama ao Ministerio de Transportes que “pase das palabras aos feitos” coa construción da autovía da Mariña

O líder do PSdeG esixe á Xunta que execute a VAC Costa Norte e acúsaa de facer un “escapismo absoluto” coa comarca

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu este martes tanto ao executivo central coa autovía da Mariña, como ao autonómico co VAC Costa Norte que “pasen das palabras aos feitos”, acusando ademais á Xunta de facer un “escapismo absoluto” con esta comarca luguesa no relativo a todos os problemas xurdidos nos últimos anos.


Valentín González Formoso achegouse ao concello lucense de Foz para coñecer de primeira man os problemas xerados co
derrube da estrada N-642, así como a situación das infraestruturas da comarca. Tamén tivo a oportunidade de escoitar as reclamacións dos representantes locais do PSdeG polas demoras e promesas incumpridas en materia de infraestruturas tanto polo gocerno central como polo galego.

O líder dos socialistas reiterou o “compromiso coa comarca” que ten o PSdeG e esixiu tanto a Madrid como á Xunta que “pasen das palabras aos feitos”, cada un no seu ámbito competencial. Xa que o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana ten pendente a execución da autovía A´74 da Mariña, mentres que o executivo galego a da VAC Costa Norte, que une Viveiro con Ferrol.

Reiterou que “os veciños e veciñas ca están fartos de quilómetros de papeis en forma de planos e nin un só centímetro executado”, polo que entende que é urxente que ambos gobernos se poñan a traballar xa na final construción destas infraestruturas.

BOA DISPOSICIÓN

Formoso entende que o goberno galego “enganou” aos e ás mariñenses coa fábrica de Altri que prometeu que se asentaría na comarca para logro trasladala a un concello gobernado polo PP, que cree que será “un dos actos que máis castigará ao PP nesta terra”.


Unha “actitude irresponsable” do goberno do PP que tamén se produce en Alcoa, ao seu entender, ao alentar aos traballadores a ir “a unha guerra contra a empresa” que “poría en perigo os seus postos de traballo. Formoso asegurou que na Xunta “parecen alegrarse cando está en risco o sustento de tantas familias”.


Contrapón ao executivo galego o PSdeG, que está “comprometido co futuro da instalación” e que “lle di a verdade á xente, guste ou non guste”, así como aos traballadores que “deron unha lección á Xunta e a certas forzas sindicais que actuaron moi irresponsablemente”.

O líder dos socialistas acudiu ao municipio de Foz, acompañado polo alcalde, Fran Cajoto e do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé. Así mesmo, asistiron os alcaldes e alcaldesa dos muncipios de Alfoz, Jorge Val, Viveiro, María Loureiro, Valadouro, Edmundo Maseda, Lourenzá, Rocío López, Ourol, José Luis Pajón, e de Trabada, Mayra García. Tamén estiveron presentes as candidatas á alcaldía dos concellos de Burela, Carmela López e de Barreiros, Carmen Veiga, e os voceiros muncipais de Cervo, Francisco Mon, Ribadeo, Marta García e Mondoñedo, Esperanza González.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41