Categorías: Secretaría Xeral

Formoso pon en valor a xestión dos fondos europeos por parte do Goberno de España e advirte á Xunta de que está poñendo en risco proxectos estratéxicos coa súa política de confrontación

O secretario xeral do PSdeG intervén nun almorzo informativo xunto co alcalde e candidato, Xosé Sánchez Bugallo e a Vicepresidenta e Ministra de Economía, Nadia Calviño

12 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso, puxo en valor este venres a xestión dos fondos europeos realizada polo Goberno de España e advirte á Xunta de que coa súa política de confrontación está poñendo en risco proxectos estratéxicos. Engadiu que aínda sinte “vergoña” pola actuación do goberno galego que estaba disposto a sacrificar aos traballadores de Alcoa con tal de enfrontarse ao executivo do Estado.

O número un dos socialistas participou nun almorzo informativo sobre economía organizado polos socialistas composteláns, xunto ao alcalde e candidato á reelección en Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a Vicepresidenta e Ministra de Economía, Nadia Calviño. Aproveitou a ocasión para salientar a xestión económica do executivo e, en concreto, o seu “compromiso” con Galicia.

Formoso emprazou a “sacar conclusións” de que foi un parón sen precedentes no mundo económico e empresarial, onde case todos os negocios tiveron que pechar durante un período indeterminado, momentos nos cales houbo unha “gran incerteza de cara ao futuro”, recordou. Puxo en valor que, grazas ao traballo do Goberno de España e, en concreto, o realizado pola Ministra Calviño, foi posible a recuperación económica posterior.

Agradeceu a loita do executivo central, con Pedro Sánchez á fronte para “engrandecer o proxecto Europeo” e convencer aos mandatarios do resto da Unión da importancia de facer as cousas distintas nesta crise. O que redundou nun fondos europeos, nos que España é líder á hora da celeridade en transferilos, salientou, e os cualificou como “unha oportunidade” co “obxectivo de crear un novo tipo de economía verde e sostible”, dentro do que engloba “a renovación da economía, a dixitalización da economía, a transición ecolóxica, e a economía circular”.

“A filosofía dese plan é impulsar os proxectos tractores que sexan capaces de mudar a realidade socioecnómica deste país”, apuntou Formoso, quen recordou as iniciativas deste tipo que dependen deste investimento europeo para ser impulsados no ámbito industrial e enerxético nos vindeiros anos en Galicia.

Ao fío das críticas cruzadas, fixo un chamamento a “concretar os fondos baixo a fórmula do consenso”, xa que entende que a xestión dos fondos non poden ser un instrumento de confrontación entre os gobernos autonómico e central, reprochando así a súa actitude ao executivo de Rueda. Asegura que así “estamos poñendo en risco todos e cada un deses proxectos”, entre os que nomeou a planta de Stellantis en Vigo, Alcoa na Mariña de Lugo, ou o proxecto de Resonac na Coruña, para os cales o executivo central “está facendo un gran traballo” para garantir a súa supervivencia.

Debido á estratexia de “confrontación” do goberno do PP na Xunta, Formoso aínda sinte “vergoña” debido a que estiveran a poñer en risco todos os postos de traballo de Alcoa con tal de sacar rédito político de enfrontarse ao Goberno de España.

SEDE DURANTE A PRESIDENCIA EUROPEA

Tamén destacou a transcendencia que terá que Santiago albergue unha reunión do Consello de Ministros de Economía e Finanzas (ECOFIN) durante o semestre da presidencia española da UE, que permitirá que a capital galega recupere “o seu papel” protagonista na organización deste tipo de cumios.

En paralelo, Compostela tamén albergará os días 15 e 16 de setembro -como sinalou a vicepresidenta Nadia Calviño- un cumio que reunirá aos 27 países da UE xunto cos 33 da Comunidae de Estados Latinoamericanos e Caribeños (CELAC). “Grazas Nadia por elixir Santiago, e grazas ao alcalde Bugallo por propoñelo”, concluíu Formoso, para devolver a Santiago ao lugar de referencia que lle corresponde.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18