Categorías: Secretaría Xeral

Formoso pídelle a Rueda “que escoite menos Radio María” e rexeite o protocolo contra o aborto promovido por Vox e o PP en Castela e León

O líder do PSdeG reúnese cos representantes da plataforma SOS Sanidade Pública para trasladarlle o respaldo á manifestación do 12 de febreiro en Santiago

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pediu a Rueda “que escoite menos Radio María” e deixe de apoiar o protocolo de coacción ás mulleres que deciden interromper o seu embarazo aprobadas polo goberno de PP e VOX en Castela e León .

O líder dos socialistas galegos amosou a súa indignación co apoio do presidente da Xunta ás medidas que coaccionan e intimidan ás mulleres que deciden abortar, anunciadas a semana pasada polo vicepresidente do goberno de coalición dos populares coa formación de ultradereita en Castela e León, criticadas por colectivos médicos e feministas, así como por gran parte da sociedade.

Valentín González Formoso denuncia que Rueda “está máis á dereita” que o propio Mañueco, que xa recoñeceu que se poden vulnerar os dereitos das mulleres coas prácticas propostas polo seu goberno. Por iso esixiulle ao presidente galego que “lle explique a cada muller galega que non ten capacidade para decidir sobre o seu propio corpo”.

A pesar da recuperación deste debate, o secretario xeral dos socialistas recordou que “chove sobre mollado” no relativo ao PP galego, xa que a primeira medida lexislativa promovida polo goberno de Feijóo ao chegar á Xunta no ano 2009 foi aprobar unha iniciativa popular para financiar con fondos públicos á entidade antiabortista Red Madre. E a primeira decisión que tomou máis recentemente como presidente do Partido Popular foi votar no Senado contra a norma que impide acosar ás mulleres que deciden interromper o embarazo.

Para o número un dos socialistas galegos, Rueda e Feijóo están influídos pola corrente de ultradereita a nivel mundial, seguindo os pasos do “Trumpismo e do Bolsonarismo” para facer que Galicia “viva nun pasado enraizado aínda no PP”, pero cre que a sociedade galega “vai por outro lado” cara a posicións moito máis “progresistas”.

ATEIGAR AS RÚAS POLA SANIDADE PÚBLICA

A rolda de prensa do socialistas foi convocada tras unha reunión con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública, con motivo de impulsar a manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 12 de febreiro con motivo do deterioro constante do sistema sanitario galego ata chegar a un punto que ambas organización considera crítico.

Valentín González Formoso chamou a “encher as rúas” para mandar un mensaxe claro ao goberno galego de que a cidadanía quere defender a súa sanidade pública, xa que entende que o sistema sanitario galego “está en risco” porque o PP ten intención de desmantelalo, polo que “teñen que ver que hai partidos, organizacións e unha sociedade en fronte”.

Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, agradeceu a Formoso e ao PSdeG o seu apoio ao traballo da plataforma. Amosou duras críticas á xestión sanitaria do executivo galego, especialmente ante a falta de medidas para paliar a falta de persoal sanitario que está poñendo en serio risco o mantemento dos centros de atención primaria e a saúde dos galegos e galegas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13