Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso denuncia o “abandono” do rural por parte da Xunta co desmantelamento progresivo de servizos como a sanidade e a educación

O líder do PSdeG reivindica o modelo de emprendemento protagonizado polas mulleres nas zonas menos poboadas e chama a apoiar as súas iniciativas

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou hoxe o “abandono” do rural co desmantelamento de servizos públicos como a sanidade e a educación por parte da Xunta. Así o dixo antes do acto de conmemoración do Día da Muller Rural, celebrado hoxe en Santiago de Compostela, onde reivindicou o modelo de emprendemento protagonizado polas mulleres no rural e chamou a apoiar ás súas iniciativas.

O responsable socialista salientou que a muller “busca o seu papel e avanza” tamén no medio rural, onde encabezan 4 de cada 5 proxectos emprendedores, o que valorou como un dato “esperanzador”. Reclamou unha inxección orzamentaria por parte da administración autonómica para “darlle relevancia ao papel da muller” no rural, onde “a igualdade efectiva aínda non existe”.

Formoso chamou a que a Xunta asuma o rural como “foco de atención” para “reforzar a revolución no eido da ordenación territorial”, garantindo a base territorial para as explotacións agrogandeiras, así como un “mínimo” de rendibilidade pública. Este esforzo debe ir acompañado, dixo, do reforzo dos servizos públicos para crear un “entorno razoable”, garantindo o acceso á atención primaria e ao ensino público.

O líder dos socialistas galegos defendeu unha aposta decidida polo mundo rural para crear un entorno favorable para o emprendemento e garantir o futuro dun eido que “debe de ser a despensa do Estado”, dando amparo a “algo que sentimos como tradición no pobo galego”.

Abandono

Valentín González Formoso contrapuxo a aposta socialista polo medio rural co “abandono” dende a Xunta de Galicia, que ten pechados 138 colexios, e onde “atopamos a toda unha directora xeral do Sergas dicindo que non aspiremos a ter un pediatra en cada centro de saúde”.

Criticou que en lugar de coidar do rural e dos servizos públicos, o goberno galego estea a pechar unidades de atención primaria, que queda reducido a un “servizo de atención telefónica”, ao tempo que o transporte rural “está desaparecido” e concentrado no eido urbano e metropolitano.

Alertou de que o desleixo do goberno galego está a provocar que o relevo xeracional nas explotacións agrogandeiras sexa a día de hoxe “inexistente”, elevando o fenómeno ao nivel dun “drama” por canto menos do 4 por cento das explotacións están en mans de persoas de menos de 35 anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28