Categorías: Secretaría Xeral

Formoso cualifica os orzamentos como “os da resignación” ao non atender as demandas dos sectores produtivos nin reforzar os servizos públicos

O secretario xeral do PSdeG critica o insuficiente aumento de gasto na atención primaria, con só un aumento de 33,4 millóns, porque non permitirá resolver a situación de colapso

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, cualificou os presupostos presentados este pasado martes polo goberno da Xunta como “as contas da resignación”, ante a falta de investimento en “sectores estratéxicos” para a economía galega e non investir “o suficiente” nos servizos públicos esencial, especialmente no que atinxe á sanidade.

O líder dos socialistas, ofreceu este mércores dende a Cámara de Comercio da Coruña, unha valoración do avance das contas que presentou o executivo galego, das que criticou que non teñan en conta as estimacións dos distintos institutos económicos que anuncian unha desaceleración no crecemento a nivel mundial, pero que tamén afecta a España e Galicia, trala crise de prezos derivada da guerra de Ucraína.

É por esta complexa conxuntura, mesturada cunha maior capacidade de gasto debido ao aumento das transferencias económicas do Estado á Xunta, así como do aumento do teito de gasto para estes orzamentos, polo que Formoso amosou a súa decepción cunhas contas que, segundo indicou, deberían “apoiar máis a sectores esenciais como a pesca, a agricultura ou a industria”.

Ampliou a súa exposición no eido da da política industrial, no que esperaba que a Administración galega ofrecera algún tipo de suplemento aos Pertes do Estado, que axuden a manterse na comunidade autónoma e aumentar a súa actividade a empresas que aportan un gran número de postos de traballo como Stellantis ou Altri, entre outros.

Centrou gran parte das súas declaracións na política sanitaria, en concreto na atención primaria, xa que a Xunta anunciou de que se adxudicarán 34 millóns de euros de reforzo neste campo, cifra que “claramente non é suficiente” para o número un dos socialistas galegos.

Do mesmo xeito, o anuncio da contratación de 130 profesionais sanitarios “está moi lonxe dos 976 profesionais máis que había no goberno de Pérez Touriño” e que reclaman os socialistas que se recuperen.

A pesar de amosar prudencia para a valoración dos orzamentos ata que se coñezan por completo, Valentín González Formoso afirmou que parece que se van a “desaproveitar” os orzamentos máis grandes da historia de Galicia grazas ao esforzo do goberno de Pedro Sánchez para axudar ás comunidades autónomas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18