Categorías: Actualidade

Formoso compromete que o goberno de Besteiro na Xunta terá como prioridade recuperar as frecuencias suprimidas no transporte metropolitano en Ferrol

O secretario xeral do PSdeG denuncia o “caos na mobilidade” que imposibilita o desprazamento diario a milleiros de persoas e que “ten á cidadanía enfadada, e con razón”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, comprometeu este martes que o goberno dos socialistas na Xunta, con Besteiro á fronte, terá como prioridade rematar co “caos na mobilidade” en Ferrol e recuperar as frecuencias e paradas suprimidas no transporte metropolitano da comarca.

Valentín González Formoso visitou, xunto á candidata do PSdeG, Montserrat Gª Chavarría, e representantes dos concellos da comarca,  as instalacións da Estación de Autobuses de Ferrol, da cal denunciou a situación de “abandono” que sofre a mesma que se pode ver en que ten os “baños pechados, falta de ascensor para persoas con mobilidade reducida”. Sen embargo, acudiu para analizar a situación en conxunto do transporte metropolitano na comarca de Ferrol e no conxunto de Galicia.

Formoso reivindicou que os socialistas están “para propoñer e non só para criticar”, polo que apuntou a que o futuro goberno da Xunta liderado por Besteiro levará a cabo “a recuperación do sistema antigo, onde cada vila das 21 da comarca e onde os núcleos rurais da comarca teñen unha parada, teñen unha frecuencia que dea a garantía que se teñen que vir á Ferrol a facer un trámite, a vir ao médico, a vir á universidade, teñen a posibilidade de facelo”.

Sen embargo, o socialista tamén viu a necesidade de afondar nas deficiencias deste sistema “afecta a toda a xente que emprega o autobús como forma de moverse no ámbito persoal e, sobre todo, no ámbito laboral”. Formoso criticou que “a Xunta de Galicia aprobou unhas concesións de transporte que deixan fóra de xogo a practicamente toda a cidadanía”.

“Vemos como hai cada vez menos frecuencias, como o rural está absolutamente abandonado, como as frecuencias separadas que había antigamente foron eliminadas, facendo que o autobús xa non sexa un modo de transporte para o mundo rural, afondando no devalo demográfico de Galicia e, nomeadamente, da provincia da Coruña”, engadiu Formoso.

Sobre a comarca de Ferrol, falou dos “problemas constantes” coa liña Ferrol-Coruña por Betanzos e por Pontedeume coa supresión de frecuencias que “moitísima xente nova que vai ás universidades queda non andén porque non hai autobuses suficientes, non se prevén as prazas, os cidadáns esperan as paradas sen saber se vai a pasar o autobús ou xa pasou”. Así mesmo, remarcou os problemas que xera no día a día ás persoas que precisan o autobús para ir a traballar, así como a limitación que supón as deficiencias no transporte metropolitano para a inserción laboral das persoas con discapacidade que viven na comarca de Ferrol, trasladou Formoso facéndose eco das demandas trasladadas pola asociación Teima Down coa que se reuniu nos últimos días.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38