Categorías: Actualidade

Formoso destaca a aposta de Besteiro por multiplicar a inversión en servizos públicos e infraestruturas para “reequilibrar a Galicia interior”

O secretario xeral do PSdeG manda unha mensaxe de “optimismo e de ilusión” de cara ás eleccións galegas dende Valdeorras: “outra provincia de Ourense é posible”

O Barco de Valdeorras, 30 de xaneiro de 2024. O secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso, mantivo este martes unha reunión de traballo no Barco de Valdeorras dende a cal destacou a aposta de Besteiro e o PSdeG por multiplicar a inversión en servizos públicos e en infraestruturas para “reequilibrar a Galicia interior”

Formoso expuxo a necesidade de mellorar os servizos públicos na comarca, en concreto unha mermada sanidade pública que sufriu recortes de nos servizos que se dan no Hospital Comarcal. Para elo, apuntou a que “o PSdeG preséntase coa idea de que o Eixo Atlántico coopere en intentar equilibrar e axude a mellorar as posibilidade do eixo interior de Galicia , Lugo e Ourense necesitan que multipliquemos as inversións non financeiras da Xunta de Galicia, para mellorar os servizos públicos como a sanidade”.

Así mesmo, chamou a potenciar a inversión en infraestruturas “para desenvolver as potencialidades desta terra”. “Se a esta terra se lle axuda, esta terra axudará a Galicia”, remarcou. “Temos que darlle ferramentas para defenderse, infraestruturas, boas conexións e servizos públicos de calidade. Ademais, de chan industrial para albergar as iniciativas emprendedoras dunha terra que de por si o é historicamente”, expuxo o secretario xeral do PSdeG.

Formoso puxo en valor que afrontan estas eleccións “cunha mensaxe claro a esta terra de optimismo de ilusión, porque outra provincia de Ourense é posible, pero todo pasa por poñer todos os esforzos de Galicia en reequilibrar o eixo interior de Galicia que vai ser unha obsesión para o PSdeG e para Besteiro, unha liña estratéxica do seu discurso e do seu programa”, concluíu.

Na reunión, ademais de Formoso, participaron Carmen R. Dacosta, nº 1 pola provincia de Ourense, o candidato natural do Barco, Eladio Santos, así como o tamén candidato, Xurxo Doval, o alcalde do Barco, Alfredo García, así como o secretario provincial e senador, Rafael R. Villarino, e varios alcaldes e cargos do partido na comarca.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23