Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia que a día de hoxe máis de 200.000 persoas agardan por unha primeira cita hospitalaria

Patricia Iglesias denuncia as listas de espera “trampa” coas que Rueda trata de ocultar a “realidade catastrófica que sofren os galegos e galegas en materia sanitaria”

Julio Torrado reclámalle ao Partido Popular un debate especifico sobre sanidade

Gómez Besteiro e os socialistas de Galicia estarán presentes o domingo na manifestación que organiza SOS Sanidade Pública

Os candidatos ao Parlamento de Galicia, Patricia Iglesias e Julio Torrado, advertíronlle a Alfonso Rueda que a sanidade pública galega “non está á venda”. Fixérono nunha comparecencia na que incidiron sobre o “colapso e o desmantelamento” do sistema sanitario tras quince anos de xestión “nefasta e ineficiente de Feijóo e Rueda”, que se exemplifica en que en Galicia “hai a día de hoxe máis de 200.000 persoas agardando por unha primeira cita hospitalaria ou 11.000 nenos e nenas sen un pediatra asignado”.

Por estes motivos, a número un pola Coruña anunciou a participación do candidato á presidencia da Xunta do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro e dos socialistas galegos na manifestación que organiza en Compostela o vindeiro domingo o colectivo SOS Sanidade Pública. “Hai que coidar de quen nos coida, temos os mellores profesionais sanitarios e dinnos que non poden máis, por iso imos estar con eles o día 4”, sinalou.

Patricia Iglesias puxo o foco no deterioro da Atención Primaria, lembrando que “somos a segunda comunidade con menos investimento nesta área” o que deriva en situacións continuas de “máis de 15 día para ver ao médico de cabeceira”. “É inxustificable, a xente ten que saber que a sanidade é un dereito que lles pertence independentemente da idade, a condición social, ou o lugar no que vivan, por iso é importante saír o domingo á rúa”, afirmou.

“Ya e llamaremos”

A candidata tamén denunciou as listas de espera “trampa” coas que Rueda trata de ocultar a “realidade catastrófica que sofren os galegos e galegas en materia sanitaria”.  Así, explicou que a Xunta só computa como tempo de agarda o que pasa desde que se marca en axenda unha cita para unha consulta, proba ou cirurxía, pero non conta o tempo que pasa ata que o paciente recibe a chamada para fixar esa cita.

“O ya le llamaremos” do Sergas pode durar meses ou máis dun ano e iso é intolerable”, subliñou, ao tempo que alertou de que “iso é maquillar as listas sen importarlle que detrás haxa persoas con preocupacións e inquedanzas”.

Ante esta situación fixo fincapé en que “a sanidade será para Besteiro unha prioridade” e apelou a que o proxecto socialista “é o único solvente para un cambio de rumbo”. Puxo como eixos centrais a posta en marcha dun plan de rescate da atención primaria con “máis investimento e mellores condicións para os profesionais”, xunto co compromiso de que “unha cita co médico de cabeceira nunca supere as 48 horas de espera”.

Polo seu lado, Julio Torrado explicou que “o sistema sanitario funciona grazas aos profesionais e a pesar dos dirixente do PP”, recordando que “levamos máis de 150 propostas parlamentarias para mellorar a xestión da sanidade pública que son rexeitadas de maneira sistemática”. O voceiro parlamentario de Sanidade incidiu na “aposta socialista por unha Atención Primaria “resolutiva, capaz e forte cunha maior dotación de recursos e capacitación”. “Temos un plan serio e solvente e ímolo executar con Besteiro á cabeza”, asegurou.

Para Torrado, amais de recatar a Atención Primaria é prioritario “recuperar do ostracismo a saúde mental, mellorar o sistema de transporte sanitario e rebaixar as esperas hospitalarias, informado con transparencia e sen mentiras”.

Debate

O número 4 por Pontevedra aproveitou a comparecencia para reclamar un debate especifico sobre sanidade. “Queremos saber se o PP se atreve a debater sobre unha cuestión tan fundamental para os galegos e galegas ou prefire agocharse ante a vergoña que senten das súas propias políticas sanitarias”, dixo. Finalmente lamentou que Rueda “se oculte ante a cidadanía” e só queira debater “no debate organizado polo PP na TVG”. “Ten que ser verdadeiramente triste sentir vergoña da propia xestión e non querer dar a cara ante a cidadanía galega”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09