Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso anuncia a constitución dun grupo de expertos en sanidade para elaborar unha proposta alternativa para superar o colapso sanitario

O líder dos socialistas galegos replícalle ao presidente da Xunta que “non se pode dicir que a situación sexa puntual e pasaxeira cando hai xente agardando 8 ou 12 meses por unha proba de especialista”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciou en A Coruña a constitución, mañá mesmo, dun grupo de expertos en sanidade apadriñados polos socialistas galegos. Este equipo “porá enriba da mesa medidas concretas” para superar a crise sanitaria que ten posto contra as cordas á sanidade galega.

O responsable socialista dixo que “os socialistas non só poñemos deberes, senón que tamén aportamos solucións”. Por este motivo, explicou, as conclusións de traballo deste grupo lle serán ofrecidas ao goberno galego, serán presentadas en forma de propostas parlamentarias e serán trasladadas á sociedade galega e aos colexios especializados no ámbito sanitario.

Formoso advertiu da “preocupación” que provoca a reacción do presidente da Xunta, que reduce o “colapso sanitario” de Galicia a unha situación “puntual”, evidenciando que “non está escoitando aos profesionais sanitarios”. “Non se pode dicir que sexa unha situación puntual e pasaxeira cando sabemos que hai xente agardando 8 ou 12 meses por unha proba de especialista, traumatólogo ou cardiólogo”, sentenciou.

Lembrou que os propios profesionais teñen desbotado a política de incentivos que pretende poñer en marcha o goberno galego, sinalando que “non se lles pode saturar con tanta carga burocrática, e que non se pode obviar a carga de enfermaría nos hospitais e nos centros de atención primaria”.

Puntualizou que “estamos diante dun problema moito máis profundo que todo iso, no que sobre todo fan falla máis profesionais”. Afeoulle ao presidente da Xunta e ao conselleiro que “devalúen” a situación sinalando que “non tiña nada que ver co Orzamento”.

O líder dos socialistas galegos explicou que “mentres en España aumenta un 11 por cento o gasto en atención primaria, en Galicia reduciuse case un 2 por cento este mesmo ano 2022”, polo que “si que é un problema de racaneo económico” por parte da Xunta.

Valentín González Formoso precisou que “estamos a falar de 140 millóns de euros que fan falla no sistema de atención primaria en Galicia”, que “non só valería para aportar incentivos económicos, senón tamén para reducir carga burocrática aos profesionais sanitarios” e para responder á “demanda histórica” e dotar de estabilidade á plantilla do Sergas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04