O portavoz de Gandería do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, arrefriou hoxe as expectativas excesivamente optimistas postas sobre a mesa polo presidente da Xunta con relación á nova planta procesadora de leite de Curtis. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura, o responsable explicou que a planta que segundo o presidente da Xunta procesaría 450 millóns de toneladas de leite comezará con apenas 70.
Pérez Seco lamentou que o presidente da Xunta teña “xogado unha vez máis coas expectativas dos galegos e das galegas”. Así o fixo ao anunciar en setembro de 2016, antes das eleccións autonómicas, que esta nova industria láctea de Curtis tería “capacidade para transformar máis de 400 millóns de toneladas de leite ao ano” que sería o 17 por cento da produción total de Galicia, e cun investimento de 70 millóns de euros.
Sen embargo, a construción permaneceu paralizada durante un ano, ata que en novembro de 2017 a empresa Inleit –Goodleit- comezou coa obra no polígono industrial de Teixeiro –Curtis-. Esta non terá sen embargo o preto de medio millón de toneladas que anunciou o presidente da Xunta, senón que comezará procesando 70 millóns de toneladas de litros de leite cru, e habería que agardar a posteriores ampliacións da factoría para incrementar o volume procesado.
Ademais, explicou que o leite será adquirido a través de operadores intermediarios, que dominan o mercado do leite ao comprar eles o leite que producen o 80 por cento dos gandeiros, situándose entre os produtores e as industrias transformadoras. Este é un dos factores, explicou, que fai que Galicia, a pesares de ser a primeira comunidade produtora do Estado, sega a liderar o ranking de territorios co prezo en orixe máis baixo.
Sinala que malia á explicación que adoite ofrecerse diríxese ao carácter periférico da comunidade, a realidade é “unha falla total de xestión”, xa que tanto Castela e León como Asturias, situadas ambas na mesma latitude, teñen o prezo medio por enriba do galego.