Categorías: Actualidade

Feijóo, o “muñidor” da fusión das caixas que rematou co “maior pelotazo da historia de Galicia”

Pablo Arangüena lembra que o presidente da Xunta apadriñou unha operación que supuxo a perda da entidade galega, cinco directivos condenados e a perda de 3.780 postos de traballo

Esíxelle ao PP que “permita que a Comisión de Investigación das caixas desenvolva o seu traballo e non sexa un paripé para enganar á cidadanía”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, apuntou hoxe a Feijóo como “muñidor” da operación que rematou co “maior pelotazo da historia de Galicia”. Así o dixo no debate para reactivar, por terceira vez, a Comisión de Investigación desta operación, que os socialistas apoiaron emprazando ao PP a que “permita que o órgano desenvolva o seu traballo e non sexa un paripé e un simulacro para enganar á cidadanía”.

Arangüena aludiu así á petición de reactivación desta Comisión de Investigación logo de que fora desactivada polo PP nas dúas anteriores ocasións en que rematou sen aprobar conclusións, desta volta logo de que a Audiencia Nacional sinalara recentemente que Caixanova estaba saneada e fora forzada a fusionarse cunha Caixa Galicia con serios problemas.

Lembrou que a operación custou 10.000 millóns de euros públicos para sanear a entidade, que a continuación sería vendida á venezolana Banesco por 1.000 millóns, un investimento que xa recuperara nun só ano, deixando polo camiño 3.780 postos de traballo, e entregándolle os aforros dos galegos e galegas a mans foráneas.

Aquela operación, celebrada por Feijóo coa encarga dunha pluma Montblanc especial feita especificamente para a sinatura, e que bautizou como unha “prometedora criatura financeira”. Sinalou que foi “unha ruína para a cidadanía e as arcas públicas pero prometedora para quen fixo o negocio do século mercando unha Abanca saneada por 1.000 millóns de euros e que a finais do ano pasado xa recabara 4.000, ofrecendo un saldo de 3.000 euros de beneficios”.

En resume, dixo, unha “fusión desastrosa apadriñada por Feijóo”, que entón o alcalde de Vigo dicía que era un “engano masivo”, e á que o PSdeG amosaba “enormes reparos” a pesares dunha “suposta auditoría de KPMG que logo soubemos que nin era auditoría nin avalaba nada”, que foi empregada como “coartada dun engano masivo” e instou a facela pública “na súa totalidade”.

Lembrou que no ano 2010 a Xunta “dicía que a auditoría externa avalaba a fusión, que era unha unión solvente e cunha fórmula que garantía a galeguidade e avalada tecnicamente: unha sarta de mentiras a ritmo de botafumeiro” ás que o BNG asistiu, dixo, “como parvo útil dunha fusión desastrosa” tan só porque “para eles mantiña a galeguidade da entidade resultante”.

Acusou ao goberno galego de “mirar para outro lado” facendo caso omiso das amplas competencias de inspección e sancionadoras das entidades financeiras que rematou co fracaso da entidade “como resultado dun xeito de facer negocio e política económica en Galicia con opacidade, nepotismo, favoritismo, capitalismo de amiguetes e venda de fume a escala industrial”.

Fotos perigosas

O responsable socialista sinalou á coñecida imaxe de Feijóo xunto cos directivos das extintas caixas, na que figuraban 2 dos 5 altos cargos condenados polas indemnizacións irregulares “que en lugar de pola Xunta tivo que ser investigado por iniciativa deste particular”, lembrando que foi o propio Arangüena quen interpuxo a denuncia que remataría coa condena dos directivos.

Apuntou que é “unha máis da colección de Feijóo con delincuentes de guante branco”, aludindo á foto co directivo de Pemex investigado por corrupción, ou a “as fotos con ese outro amigo”, en alusión ás imaxes co narcotraficante Marcial Dorado cando o propio Feijóo era o máximo responsable do Sergas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33