Categorías: Actualidade

Feijóo debe “erguer a bandeira de Galicia” para reivindicar infraestruturas pendentes diante de Rajoy

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “erga a bandeira de Galicia” para “plantarse” diante de Rajoy e reivindicar as infraestruturas pendentes. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana, na que os socialistas preguntaranlle a Feijóo polo esforzo do Goberno central en relación co impulso ás infraestruturas en Galicia.

Fernández Leiceaga sinalou que Galicia afronta “o peor ano da década en termos de investimento por parte do Estado”, sumando unha forte redución no nivel de investimento a un nivel de execución que esta Comunidade Autónoma “non pode permitirse”. Urxiu ao presidente da Xunta a buscar o apoio do conxunto das forzas parlamentarias para reivindicar as demandas en materia de infraestruturas básicas.

Explicou que, se o Estado executou menos do 50 por cento das infraestruturas comprometidas no ano 2016, o ano 2017 “será aínda peor”, cun ritmo de execución “moi por debaixo”, sumado a un nivel de crédito inicial “moi inferior”, con 500 millóns de euros menos dos que se comprometeran no ano anterior.

O portavoz socialista criticou a “aceptación cómplice” do presidente da Xunta da suba das peaxes da AP-9, que admite “sen ter activado a Comisión de Seguimento” das infraestruturas. Os socialistas “propoñemos plantarnos diante de Fomento e ademais ofrecemos unha vía para que Fomento asuma os custes da ampliación de Rande de forma periodificada, sen que sexa un custe inasumible para o Goberno”.

Uniu ademais a resposta de Fomento á posición coordenada entre Galicia, Asturias e Castela e León para reivindicar o corredor atlántico de mercadorías. O Goberno respondeu, explicou, “adiar a toma en consideración desta cuestión ata 2024, que non sería decidida antes de 2027”. Criticou o retraso de dez anos “na toma da decisión de incorporar estas rexións na rede básica de infraestruturas”.

Iniciativas

O Pleno da próxima semana incluirá unha moción socialista para reclamar a recuperación das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do Sergas, e para que o goberno galego faga pública a “información detallada” sobre o tipo de contratos e duración” na sanidade galega. Tamén incluirán unha interpelación para reivindicar unhas “condicións sensatas” no persoal da Administración de Xustiza de Galicia.

Os socialistas galegos presentarán ademais unha proposición non de Lei para reclamar a derrogación da reforma laboral e reducir a precariedade laboral, recuperando as condicións laborais perdidas nos últimos anos. Tamén incluirán unha iniciativa para reivindicar a posta en marcha polo Goberno galego das avaliacións necesarias para coñecer o coñecemento lingüístico do alumnado nos programas plurilingües.

Os socialistas preguntaranlle á Xunta polas medidas tomadas diante da situación da falla de auga que está vivindo a área metropolitana de Vigo, sobre o desenvolvemento do Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2020, e sobre a previsión para impulsar a transformación portuaria da cidade de A Coruña.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57