Categorías: Actualidade

Feijóo debe expulsar ao alcalde de ViIlanova da vida política polos insultos machistas

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, urxiu hoxe ao presidente da Xunta a “expulsar” ao alcalde de Vilanova da vida política logo de ter chamado á presidenta da Deputación de Pontevedra “chacha para todo”. Criticou a “contumacia” do alcalde, que lonxe de rectificar, persiste na “senda do agravio ás mulleres, o machismo e o insulto”.

Fernández Leiceaga advertiu que “quedan apenas 24 horas para que comece o Debate do Estado da Autonomía”, ao que Feijóo “non pode ir sen que isto se resolva, sen tomar medidas e sen facerlle saber á sociedade que quen ten estas actitudes debe pagar por elas”. Lamentou que o alcalde “popular”, coas súas declaracións “suma ao machismo o insulto e a provocación, colocando o debate nun nivel que deberiamos ter superado”.

O responsable socialista instou ao presidente da Xunta a reaccionar de forma contundente contra unha actitude que “minusvalora á muller que fai política, entendendo que o home é quen manda” e ademais demostra “nostalxia dun tempo no que as mulleres só estaban para servir ao varón”. “Hoxe é a presidenta da Deputación, pero mañá será calquera outra que se dedique á política e participe do espazo público”.

Leiceaga aludiu hoxe ás “complicadas relacións do PP coa Igualdade de xénero”, lembrando as declaracións desafortunadas do secretario xeral daquel partido cualificando a folga das mulleres do 8 de marzo como “do máis machista”. Unha protesta que se saldou cunha sentenza xudicial contra os servizos mínimos ditados pola Xunta.

Sinalou que a oposición do PP contra aquela protesta só foi rectificada “cando tiveron a noción de que ía haber unha ampla transversal” a favor da causa feminista, pero que “en canto amaina a presión esquecen a súa comprensión” coas mulleres. Así o demostrou a pasada semana a propia portavoz do PP na Comisión de Igualdade, que nunha intervención parlamentaria cualificou ao executivo de Sánchez como “goberno florero”.

Diálogo social

O portavoz socialista instou ademais ao presidente da Xunta a incorporar aos seus compromisos de goberno as demandas de reforzo do diálogo social trasladadas polos sindicatos esta pasada fin de semana, como vía para reducir a precariedade laboral, que afecta sinaladamente ás mulleres.

Lembrou as demandas de incorporar as cláusulas sociais á contratación pública, fundamental para o mercado laboral, por canto o goberno galego implica a unha terceira parte da forza laboral desta Comunidade Autónoma.

Transferencia AP-9

Fernández Leiceaga anunciou que os socialistas galegos “farémoslle chegar ao Ministerio de Fomento os nosos argumentos a favor da transferencia da AP-9”, logo de constatar o cambio de talante e o desbloqueo do debate no Congreso “fronte á cerrazón do anterior goberno”. O responsable socialista sinalou que “non hai argumentos sólidos para opoñerse á transferencia”.

Respondeu así que non se trata dunha vía internacional porque non chega á fronteira con Portugal, ademais de que desmentiu que esta decisión provoque problemas a posteriori con outras autonomías. Neste sentido lembrou que en 1995, cun goberno socialista, foron transferidas autovías a Cataluña, e en 1999, xa con Aznar na Moncloa, sucedeu o propio coas infraestruturas do País Vasco, mesmo cunha autoestrada que chegaba á ponte internacional.

Incendios

Finalmente, reclamou a posta en marcha inmediata da Comisión Técnica que deberá revisar os protocolos de prevención e extinción de incendios, tal e como figura no ditame da Comisión de Política Forestal que aínda non foi posto en marcha. Sinalou que este órgano debe poñerse en marcha xa en outubro para que remita o seu informe ao Parlamento nun prazo de 6 meses.

Lembrou ademais que os grupos parlamentarios poderán designar a un experto que os represente á hora de discutir como organizar o servizo fronte a uns lumes “diferentes, incontrolables co actual dispositivo”. A nova situación obriga, dixo, a reformular a organización territorial do dispositivo de prevención, e a revisar as brigadas municipais cun modelo profesionalizado, que dure máis no tempo e que dispoña dos medios adecuados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28