Categorías: Actualidade

Feijóo debe deixar de botar balóns fora e de buscar culpas alleas

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta “que sexa responsable e deixe de botar balóns fora e de buscar culpas alleas” na xestión da pandemia. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que se acordou transmutar a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento na comparecencia do presidente da Xunta que onte pedía o portavoz socialista, Gonzalo Caballero.

Arangüena advertiu que “non lle botamos a culpa a Feijóo”, pero subliñou que “non pode ser que nos últimos 10 días o presidente da Xunta se dedique a botarlle a culpa ao goberno central, á cidadanía e mesmo a Portugal, cando el foi o máximo defensor de que non se parara a economía no Nadal e de que se celebraran reunións familiares”.

Apuntou que “por responsabilidade”, no PSdeG “dende o comezo da pandemia non cuestionamos as decisións do goberno galego”, malia que “levamos meses pedindo que se reforza a Atención Primaria e o sistema de rastrexo, porque é obvio que resulta necesario e urxente”. Sinalou que “o Goberno galego ten medios para facelo co orzamento máis expansivo da historia grazas á axuda do Estado”.

En relación ao debate sobre o confinamento, reclamou “non xogar nin frivolizar cun tema extremadamente serio”, logo de lembrar que o BNG “xa reclamou o confinamento hai 3 meses, na segunda onda, e a situación mellorou despois”. Subliñou que os socialistas galegos respetan e asumen tódalas medidas e “non nos opoñemos ao confinamento se a situación o aconsella e o respaldan os expertos”.

Meirás

O viceportavoz do Grupo Socialista adiantou hoxe ademais a oposición do Grupo Socialista á proposta que presentará o PP para centrar os usos do Pazo de Meirás na memoria de Emilia Pardo Bazán, xa que “nos opoñemos a o blanqueamento do franquismo” neste inmoble. Explicou que os socialistas defenden “priorizar a Memoria Democrática” nos usos futuros das Torres de Meirás logo de ser expropiadas aos Franco para revertelas ao uso público.

O Grupo Socialista presentará no Pleno do Parlamento da próxima semana unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta axudas directas para os autónomos e pemes ligadas á hostalería, logo de constatar que o goberno galego rematara 2020 destinando tan só 22 millóns de euros de axudas. Tamén reclamarán o reforzo do Servizo de Axuda ao Fogar, que teñen que asumir os concellos cando o goberno galego ve incrementado o seu orzamento nun 15 por cento.

Pablo Arangüena sinalou ademais a moción do Grupo Socialista dirixida a pedirlle ao goberno galego que “deixe de facer a vista gorda” coa tramitación ambiental dos novos parques eólicos e “democratice” os rendementos previstos nesta industria, que na próxima década triplicará a potencia instalada na Comunidade Autónoma.

Tamén presentarán unha interpelación sobre a campaña de vacinación da covid, e unha pregunta urxente sobre o abandono do padroado de Sargadelos por parte da Xunta, logo de ter fixado como asesora externa a Eva Cárdenas. As outras dúas preguntas que lle corresponden ao Grupo Socialista centraranse sobre o compromiso de Cultura para poñer en marcha un conservatorio de música en Bergonte e a partida orzamentaria de axudas ao pequeno e mediano comercio.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57