Categorías: Actualidade

Feijóo debe apoiar a investidura de Sánchez para desbloquear os orzamentos pendentes

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo hoxe que o presidente da Xunta “está no fondo pedindo que Casado facilite a investidura de Sánchez”. Explicou que a transferencia a Galicia dos 500 millóns que corresponden ás entregas a conta e ás liquidacións do IVE que o PP vai pedir no Pleno que comeza mañá, dependen da constitución do próximo goberno.

O portavoz socialista suxeriu unha “solución navarra”, co PP galego “prestando” os apoios no Congreso á investidura de Sánchez, “ou do contrario están pedindo que o goberno vulnere a Lei”. Explicou así que os 331 millóns correspondentes ás entregas a conta “dependen das previsións orzamentarias”, máis baixas porque os orzamentos en vigor son os correspondentes a 2018, desde o rexeitamento das contas de 2019 por parte de, entre outros, o PP e EH-Bildu, sinalou.

Por outra banda, os 198 millóns correspondentes á liquidación do IVE deriva da modificación legal de Montoro que entrou en vigor en xaneiro de 2018 tamén co apoio do PP galego, e que o goberno socialista quere modificar pero non pode porque “un goberno en funcións non pode propoñer un novo director do CNI e tampouco pode presentar un proxecto de Lei” que mude a situación.

Fernández Leiceaga rexeitou unha “cuestión bilateral de conxura contra Galicia, seguindo o goberno ens roba” e anunciou unha emenda para darlle viabilidade á proposición non de Lei do PP e pedir que a entrega das contías pendentes “a faga un goberno constituído”.

Hospitalización a domicilio

O portavoz socialista replicoulle ademais ao anuncio do presidente da Xunta sobre a ampliación da hospitalización a domicilio lembrando a urxencia de incrementar para iso a plantilla de profesionais que teñan que prestar os servizos sanitarios. Advertiu que a decisión do goberno galego sen aumentar o número de traballadores suporá “máis presión sobre outra parte dos servizos sanitarios”.

Advertiu que o suposto incremento de 2.300 profesionais dende 2009 que anuncia Feijóo “non existen” nin nas previsións orzamentarias do goberno galego nin nos rexistros de traballadores públicos do goberno central. Polo tanto, reclamou persoal para substituír as vacacións nos centros de saúde ou Atención Primaria, as baixas, as xubilacións de pediatras, porque “hai que reformar a sanidade, pero tamén atender ás necesidades básicas do sistema que temos hoxe”.

Finalmente, respaldou as demandas dos investigadores posdoutorais que remataron o contrato a finais de xuño e están á espera da avaliación para renovar a segunda fase, unha espera que pode demorarse 6 meses “que pode provocar o abandono, porque as vidas non se paran por cuestións burocráticas”. Avogou por facer que a Xunta “mova ficha” logo de que os investigadores recabaran o apoio dos grupos parlamentarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13