Categorías: Actualidade

Feijóo dará conta da súa pasividade fronte á caída da obra pública do Estado en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a “actitude pasiva” de Feijóo fronte á caída da licitación de obra pública do Estado en Galicia. O responsable socialista explicou logo da Xunta de Portavoces que este será o asunto central da sesión de control ao presidente do Pleno da próxima semana.

Fernández Leiceaga aludiu ao informe da Asociación de Construtores de Obra Pública, que a semana pasada alertada dunha caída “espectacularmente baixa” do 40 por cento na licitación de actuacións do Estado en Galicia en 2017 con relación a 2016, que xa de por si fora un ano “moi malo”. Esta caída substancial, dixo, da a medida do tratamento que dispensa Rajoy a Galicia, sinaladamente nos investimentos de Fomento.

Lamentou que o presidente galego dea a calada por resposta mentres no Parlamento de Galicia o PP bloquea a solicitude presentada polos socialistas galegos para constituír unha Comisión de Estudo das Peaxes que ofreza aportacións para resolver o “caos” das infraestruturas galegas.

Explicou que hoxe conviven na mesma rede estradas de distinta titularidade con tramos bonificados e outros estritamente de pago na mesma vía, así como autoestradas con tramos gratuítos que provocan subas no resto das peaxes.

Os socialistas galegos presentarán tamén unha interpelación sobre a política da Xunta con relación ao Plan extraordinario de estradas do goberno central e unha pregunta oral sobre as previsións do Estado con respecto aos ferrocarrís de vía estreita en Galicia. Todas estas propostas, sinalou Leiceaga, permiten pulsar as relacións entre os gobernos central e autonómico con relacións ás infraestruturas galegas.

Financiamento autonómico

Os socialistas galegos presentarán tamén unha interpelación con relación á reforma do sistema de financiamento autonómico logo da reunión do PP de onte, na que o ministro de Facenda “dixo que si vai haber quita”, mentres Feijóo “non ofrece ningunha resposta” de Galicia.

Acusou ao PP de esforzarse en “aportar confusión” ao debate ao “dicir que non vai haber quita, pero que van traspasar a débeda ao goberno central”, o que significa, explicou, que e realidade van perdoar a débeda que pasará a nome da administración central.

Fernández Leiceaga criticou o desleixo do presidente galego, que renuncia a provocar o debate sobre o novo modelo de financiamento cando “temos unha fiestra de oportunidade ata o verán” pola falla de procesos electorais. Advertiu que de non abordar o debate agora haberá que agardar de novo ata finais de 2020.

Reclamou que o novo modelo de financiamento serva para corrixir o desequilibro vertical entre o Estado e as comunidades autónomas, que a Comisión de Expertos estimou que necesitaría en torno a 16.000 millóns de euros nun principio, e do que “nin Feijóo nin Rajoy falan nada”. Tamén reclamou corrixir os desequilibrios provocados polos mecanismos extraordinarios de financiamento.

Xustiza

O próximo Pleno incluirá unha pregunta socialista sobre as demandas dos traballadores e traballadoras da Xustiza en Galicia, así como unha proposición non de Lei de iniciativa popular presentada polas asociacións agrarias e asumida polo Grupo Socialista sobre a protección dos viticultores afectados polas xeadas do pasado mes de abril.

O Pleno incluirá ademais unha proposición non de Lei para evitar a desigualdade de trato entre empregados públicos autonómicos fixos e temporais e unha moción sobre o acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28