Categorías: Actualidade

Falla de claridade e seriedade nos criterios da Xunta para a realización das PCR

O voceiro de sanidade do Grupo Parlamentario do PSdeG, Julio Torrado, vén de reclamar á Xunta de Galicia “claridade e seriedade” na realización desde o SERGAS de probas PCR. Segundo denuncia Torrado, “os criterios varían segundo cada área sanitaria tanto na decisión de a quen se lle debe facer a proba como no sistema de notificacións de citas e resultados”.

Esta “falta de organización” está a derivar nun panorama “caótico”, censura Torrado, no que “atopamos dende pacientes que son notificados como negativos sen ter feito nunca unha proba, ou outros aos que lle comunican por escrito que non asistiron a unha cita que en realidade nunca lles foi notificada”.

Neste contexto, o deputado socialista esixe á Xunta coñecer “cales son os criterios” que se están implementando para a realización de probas PCR. “Esta falta de eficiencia impide dar unha resposta clara e contundente na loita contra a pandemia na nosa comunidade”, lamenta Torrado.

A comunidade menos transparente

A día de hoxe “non hai criterios unificados nas áreas sanitarias”, explica Julio Torrado, ao tempo que lembra que “seguimos sen coñecer o número de rastrexadores covid”. Neste punto, Torrado pregúntase “como se pode confiar nun goberno que manifesta tal ineficiencia na xestión dun tema tan sensible?”

Por todo isto, “non extraña” que a Xunta de Galicia sexa unha das comunidades autónomas “peor valoradas” nos niveis de transparencia e información na loita contra a covid, subliña o voceiro de sanidade.

Unha loita que ademais “se organiza dun xeito moi distinto” en función da área sanitaria da que falemos, sinala o deputado. As citacións para facer ou non probas PCR “varía segundo a área sanitaria na que nos atopemos, provocando máis confusión e desigualdade”, critica Torrado.

Ao fío disto, o PSdeG vén de presentar diversas iniciativas parlamentarias coa fin de “coñecer os medios e os criterios” cos que o Sergas está a notificar as citas para a realización de probas PCR e as do estudio serolóxico autonómico.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08