Categorías: Actualidade

Escalada de control e manipulación informativa na CRTVG

O viceportavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, denunciou hoxe no Parlamento o “aumento sistemático da presión sobre o control político da CRTVG con motivo da convocatoria electoral”. O responsable socialista fíxose eco hoxe na Deputación Permanente do Parlamento das reiteradas denuncias do persoal do ente público, que leva 105 venres negros en contra da manipulación informativa.

Álvarez interveu no debate acumulado de dúas peticións de comparecencia tanto do presidente da Xunta para dar conta da manipulación informativa e do incumprimento da Lei de Medios públicos de comunicación audiovisual, que se remonta a 2011, como do Conselleiro de Economía e Industria para dar conta do desleixo do goberno galego fronte á situación da empresa madeireira de Fene. As dúas peticións foron rexeitadas polo PP.

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta se negara a dar conta da situación do ente público “coma se non fora con el e a CRTVG non fora unha institución pública”. Mentres, dixo, nos servizos informativos impera a “estratexia de manipulación para desprestixiar sistematicamente ao goberno central, enaltecer ao Executivo autonómico, e silenciar á oposición”, co que “apenas quedan trazas das entre 2 e 3 roldas de prensa semanais de Gonzalo Caballero”.

Criticou que o presidente da Xunta teña ofrecido en prime time e en rigoroso directo xa máis de 40 conferencias de prensa a través da canle pública, mentres “non ofrecen ninún tipo de difusión proporcional das intervencións dos líderes da oposición”.

En resposta ao portavoz do PP, que defendía a suposta “independencia” do ente, puntualizou que “a independencia demóstrase actuando” e atendendo ás demandas que os traballadores do ente veñen reclamando tódolos venres dende hai máis dun cento de semanas.

Noa Madeira Creativa

Álvarez criticou hoxe o agravio comparativo por parte do goberno galego entre a situación da empresa de Fene Noa Madeira Creativa e a de outras empresas como Alcoa. Mentres empregan a planta de ferroaliaxes para atacar ao goberno central, sinala, borran á madeireira da súa axenda esquecendo en calquera caso que “a Xunta ten amplas competencias propias en política industrial, como di o Estatuto de Autonomía”.

O viceportavoz socialista advertiu que a empresa de Fene ten actualmente á metade da súa plantilla afectada por un ERE extintivo e á outra metade por un ERTE, un total de 160 familias das que o goberno galego fai caso omiso. Explicou que a situación deriva da compra da empresa polo Grupo Malasa en 2018, dende cando está a precarizar as condicións de traballo do persoal dunha empresa que daquela contaba con 40 millóns en activos e outros 60 en ventas.

Sinalou que o conselleiro de Economía e Industria “como mínimo debera de presentarse no Parlamento para dar explicacións pertinentes sobre un aspecto no que a Xunta ten competencia clara e exclusiva”. Criticou que teñan esquecido estas familias mentres fixan a atención noutras empresas para sinalar ao goberno central “con argumentos en base a medias verdades e medias mentiras”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18