Categorías: Actualidade

Emerxencias sanitarias “de segunda” na mariña lucense

A parlamentaria socialista Patricia Otero acusou hoxe á Xunta de marxinar á Mariña de Lugo na distribución de servizos de emerxencias sanitarias. A parlamentaria de Viveiro presentou unha pregunta oral en Comisión para denunciar unha atención “de segunda” para unha zona de 1.660 quilómetros cadrados e que suma 80.000 habitantes no Norte de Lugo.

Otero lembrou a supresión dun dos técnicos sanitarios que integran ao persoal da ambulancia medicalizada de Foz, que incomprensiblemente foron eliminados do último concurso de transporte de emerxencias da Xunta xunto cos de Monforte e O Salnés. Denunciou que Sanidade tentara de xustificar esta decisión apuntando a un suposto “modelo pioneiro”, e reclamou que “fagan os experimentos con gaseosa” e “deixen un servizo no que está en xogo a vida das persoas”.

A redución das dotacións é “un novo ataque á sanidade pública da Mariña”, logo de ter reducido unilateralmente o horario da ambulancia asistencial de Foz, que o goberno galego recortou a 12 horas dende 2011. As protestas que provocou aquela decisión foron respondidas polo goberno galego apelando á atención dos helicópteros medicalizados, unha afirmación que se demostrou “falsa” por que a comarca está “fora das isocronas” destes recursos.

O “nerviosismo e protestas” xerados por aquela resposta suscitaron, lembrou, unha nova “fuxida adiante” do Executivo galego, que apelou a que o helicóptero Pesca II, con base en Viveiro, facía “traslados sanitarios”. Unha afirmación que os propios técnicos sanitarios evidenciaron como “enganosa” por canto aquel helicóptero realiza traslados dos rescatados no mar, e “sempre precisa do apoio do 061 dende terra”.

Patricia Otero puntualizou así que “o Pesca II non pode substituír o labor da ambulancia medicalizada de Foz, tal e como deron a entender os representantes do PP na Mariña cunha información deliberadamente sesgada e enganosa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13