Categorías: Actualidade

Eivas do comezo de curso evidencian falla de apoio do goberno galego ao ensino no rural

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, sinalou hoxe á “cadea de microsismos” que teñen provocado os recortes do goberno de Feijóo ao ensino público con “eivas importantes” sinaladamente nas escolas do rural. No debate dunha interpelación ao conselleiro de Educación, advertiu que “seguen vostedes recortando de forma innecesaria e carente de criterio obxectivo”.

O responsable socialista revelou unha “falla de apoio e impulso aos centros educativos rurais”, que son os que sofren en maior medida o recorte de recursos materiais e profesionais, estimado en 2.132 docentes menos entre xaneiro de 2009 e 2018, de acordo coas cifras oficiais do Goberno central.

Álvarez fixo un relato dos principais casos do sistema educativo galego, partindo da modificación de unidades no Centro Rural Agrupado A Picaraña de Ponteareas, a supresión dunha unidade de Infantil na Escola A Portela ou a supresión da escola San Mateo de Oliveira, que supuxeron a supresión de 5 mestres de infantil.

Neste último caso, ademais, eliminan o centro educativo logo dun investimento de máis de 18.000 euros do Concello para obras de adecuación e mantemento en 3 anos para un centro que non manterá o mínimo de alumnos no curso, pero que “si que os tería no curso seguinte, pero saben que se pechamos nunca máis volverán a abrir”.

O CEIP Altamira de Salceda de Caselas, dixo, iniciou o curso nunha situación estrutural “inaceptable” con retrasos nas obras de ampliación e do novo comedor escolar, e cunha falla de medios que chega ao punto de que a dirección viuse obrigada a poñer un horario reducido para recibir aos alumnos que acoden fora de hora por ir ao pediatra.

En Covelo, engadiu, o CEIP Antonio Blanco Rodríguez comezou o curso cun único grupo de Primaria para 21 alumnos “sen que apareza que ninguén da Consellería dera a orde”. En Portomarín –Lugo- suprimiron unha praza de mestre a pesares de ter pasado de 32 a 33 alumnos, e no instituto de Brión levan 14 días pechados pola redución de 3 dos 10 docentes do centro.

Rematou sinalando a situación dos comedores escolares, plagados de denuncias pola adxudicación do servizo a unha empresa que carece de medios para preparar as comidas e que mesmo “deixa bocadillos a medio montar e en taxi”. Lembrou así as cafeterías de institutos que logo de comezar o curso permanecen sen adxudicar por un “problema de planificación da Consellería”, deixando aos alumnos sen lugar onde comer.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41