Categorías: Actualidade

É tempo de recuperar as condicións do ensino público anteriores á crise

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego que recupere os horarios lectivos que tiñan os profesores e profesoras antes do decreto de racionalización do gasto público imposto por Rajoy.

Explicou que a nova Lei de mellora das condicións para o desempeño da docencia e o ensino non universitario derroga o Real Decreto 14/2012 ao que o goberno galego se tiña adscrito de forma entusiasta cos decretos de 2011 e 2012. Considera que carece de sentido que a Xunta manteña os horarios impostos aos docentes galegos, cun mínimo de 25 horas en Educación Primaria e de 20 en Secundaria, aos que hai que engadir o seu traballo non exclusivamente docente.

Álvarez explicou que o lema “facer máis con menos” defendido por Feijóo supuña que reducía 1.481 profesores e profesoras entre 2008 e 2018, e os que quedaron tiñan que desempregar máis horas de docencia, prexudicando principalmente aos alumnos e alumnas do ensino público de Galicia. Coa derrogación do Decreto de Rajoy, os horarios impostos en Galicia “pertencen xa ao estrito ámbito de decisión das políticas de goberno da Xunta”.

Reclamoulle ao goberno galego que asuma o novo marco legal logo de que teña “desaparecido o amparo estatal” que representaba aquel Decreto, e instou a recuperar as condicións previas a través dunha iniciativa “xusta, necesaria e factible de levar á práctica sen desestabilizar economicamente á Comunidade Autónoma”.

Política lingüística

O responsable socialista presentou ademais a moción que defenderá no Pleno do Parlamento da próxima semana para reclamarlle á Xunta que manteña a esixencia do coñecemento do galego no acceso a postos de funcionario docente e á administración xeral de Galicia. Álvarez esixiulle á Xunta unha defensa clara deste requisito logo das declaracións do presidente do PP, que comparaba o coñecemento do idioma co “adoutrinamento político” dos alumnos.

Amosou ademais que a proposta dunha Lei de Linguas por parte do máximo responsable do PP estatal provoca unha “preocupación extraordinaria” polo seu confrontamento con “dereitos incuestionables e realidades que deberan estar fora do debate partidista”. Advertiu que os antecedentes do uso dos acordos lingüísticos polo PP de Feijóo fai que “non sexamos optimistas”.

Luis Álvarez lembrou que foi o propio Feijóo quen rompeu en 2009 os consensos en materia lingüística para contentar a Galicia Bilingüe, aprobando o que deron en chamar Decreto do Plurilingüismo. Dez anos despois aquel texto tense demostrado “un auténtico fracaso político” no seu suposto obxectivo de conseguir o “trilingüismo” en Galicia pero moi eficaz no canto á caída no coñecemento e uso do galego, como vén de ratificar a Real Academia Galega.

Derrogación

A moción que defenderá no próximo Pleno do Parlamento establece polo tanto a derrogación do Decreto para o Plurilingüismo, a garantía de que o alumnado remate o ensino obrigatorio con igual coñecemento de galego e de castelán.

Tamén reclama que manteña a esixencia da acreditación do coñecemento da lingua galega nos procesos de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes de Galicia, e que o coñecemento do galego sexa un requisito no acceso aos postos da Administración xeral autonómica de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24