Categorías: Actualidade

Déficit clamoroso de proxecto e de xestión de Feijóo para a creación de emprego

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe o “déficit de proxecto e de xestión” de Feijóo en materia de emprego, que provoca que Galicia teña creado menos emprego que a media estatal dende a crise. Na sesión de control ao presidente, acusouno de pasar de gastar 2 euros a apenas 50 céntimos por cada desempregado.

Fernández Leiceaga acusou ao goberno galego de dispor de “recursos que non manexan coa eficacia debida e responsabilidades que non asumen”, no que cualificou de “xestión absolutamente deficiente”. Sinalou que a pasividade do goberno galego fronte a “quebra do contrato social” provocada pola crise, provocou unha situación laboral insostible, aumentando a desigualdade e deslexitimando ao sistema político.

O responsable socialista sinalou que, de acordo cos datos de execución orzamentaria a 30 de setembro, tan só executaron o 0,8 por cento dos fondos previstos para mellora da cualificación do emprego. Explicou que “a adquisición de novas cualificacións é unha das chaves que poden evitar o enquistamento do desemprego de longa duración”.

Nesta mesma data teñen sen executar o 60 por cento dos orzamentos de Formación profesional para ocupados e o 40 por cento dos fondos de Formación para o desemprego. Ademais, tan só gastaron o 19 por cento das obrigas recoñecidas en Fomento da empregabilidade, o 23 por cento en Fomento do emprego, o 28 por cento en Formación profesional dos desempregados.

Diferencial

A caída do emprego, que en Galicia é aínda peor que en España –o segundo país co peor comportamento de Europa-, afecta á solvencia das administracións, reducindo a recadación fiscal e polo tanto a provisión de bens públicos básicos. Explicou que, de acordo coa EPA, entre o terceiro trimestre de 2008 e de 2017 Galicia perdeu 134.000 ocupados, e pasou de contratar ao 5,92 por cento do total do Estado a o 5,6.

Sinalou que “se creásemos emprego durante a crise ao mesmo ritmo que España teriamos decenas de milleiros de empregos adicionais agora mesmo” pero, sinalou, a xestión de Feijóo como único elemento singular agudizou o diferencial co resto do Estado dende o inicio da recuperación económica.

Acusou ao presidente da Xunta de levar adiante unhas políticas “especialmente nocivas para a mocidade”, mentres “seguimos perdendo oportunidades de emprego para mozos e mozas”, mentres Feijóo “mira para outro lado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04