Categorías: Actualidade

Covarde e moi mellorable proxecto de Lei de rehabilitación presentado pola Xunta

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, cualificou esta mañá de “covarde” e “moi mellorable” o proxecto de Lei de Rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, presentada hoxe pola Xunta no Pleno do Parlamento. Dixo que o proxecto  antepón o económico e intereses persoais ó patrimonio, e advertiu dunha “inxenuidade preocupante” no texto e a incapacidade para atopar o equilibrio necesario entre patrimonio e cidadanía.

A parlamentaria socialista explicou a abstención crítica do Grupo Socialista a unha Lei necesaria pero insuficiente á hora de poñer en marcha “medidas que permitan a mellora das tramitacións e axilización na rehabilitación do patrimonio”. Criticou o “enfoque actual” do texto que presentou o Executivo na Cámara e que “responsabiliza o cidadán” pero non as políticas que levaron a esta situación.

Criticou os canons sancionadores como medida de incentivo pois so consigue implantar “medo, limitacións e condicionantes”, pero non solucionan a incapacidade de moitos propietarios para rehabilitar en zonas que perderon todo o seu atractivo para ser habitadas con calidade de vida. Estes canons, ademais, non aplicados con  “equidade”, aumentan o perigo de “desigualdade máxima” cuestión coa que “o Partido Socialista nunca se vai a posicionar a favor”.

Falou de que “Galicia non pode, nin debe ser culpabilizada, senón entendida e apoiada” e propuxo como alternativa “medidas de carácter positivo e de incentivos” que respondan a unha realidade social que “ten pasado por moitas dificultades” debido á “inacción dos anos”.

Por outra banda, destacou a gravidade do artigo 40 acerca de a protección dos bens culturais, e  sobre cal a responsable socialista ironizou con que parece afirmar que “esta nova lei, pode ser que desprotexa e o sabemos”. Sinalou este “verdadeiro despropósito” pois, ao igual que outros artigos, deixa nunha situación de “vulnerabilidade” a moitos inmobles protexidos, así como tira por terra a validez dos plans especiais de protección vixentes hoxe en día.

Perspectiva de xénero

A parlamentaria socialista citou a crítica urbanista, Jane Jacobs para explicar a importancia da perspectiva de xénero. A estadounidense falaba nos 60 de que “non existe intervención urbana que a día de hoxe poida facerse ó marxe da perspectiva de xénero” algo que, a deputada explicou, e mais importante “nas operacións de renovación e rexeneración”.

A aposta polo urbanismo con perspectiva de xénero “non so dende o financiamento a actividades que garantan a presenza de mulleres ou medidas de conciliación” , se non tamén na “modificación e adaptación daqueles elementos urbanos que teñen condicionado a mobilidade e modos de uso das cidades ou vilas” de todas as mulleres e colectivos dependentes tradicionalmente delas “como as persoas dependentes ou os nenos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08