Categorías: Actualidade

Ciencia, vacinas e persoal sanitario fronte ás multas, sancións e ameazas que impón a reforma da Lei de Saúde do PP

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, deu hoxe a voz de alarma fronte ao “disparate” da reforma da Lei de Saúde que vén de aprobar o PP en solitario, e que supón impoñer un ”Estado de Excepción permanente” en Galicia limitando dereitos e liberdades constitucionais. O responsable socialista reclamou “ciencia vacinas e persoal sanitario fronte ás multas, sancións e ameazas” desta reforma que ademais impón a vacinación obrigatoria”.

Torrado criticou que a imposición da vacinación obrigatoria é “como resolver os problemas de tráfico prohibindo os coches”, ademais do “paso máis firme para alentar ao negacionismo irredento, inxenuo e ignorante e en boa parte configurado por cretinos que poñen vidas en perigo”. Acusou á Xunta de “xerar unha trincheira onde non hai unha guerra”, que ademais é “innecesaria e que só vai traer problemas” simplemente para “lavarlle a cara a un presidente que non fai máis que xerar tensións”.

Explicou que en Galicia “non existe un problema de antivacinas, temos boas taxas de vacinación, e o proceso vai ben, por que queren obrigar a vacinar”, preguntou, e lamentou que “estean perdendo unha ocasión de ouro para camiñar xuntos cara un éxito colectivo”. E reclamoulles que non alimenten aos negacionistas que “estanlle a facer o caldo gordo ao goberno”, que os utiliza “ao seu favor”.

Quen si que fixo “moito” por difundir a vacina, dixo, foron a alcaldesa de Boimorto ou a xerente de DomusVi empregando a súa capacidade de influenza para conseguir a dose, aínda que lles pediu que “non utilicen esa vía”. Reivindicou “defender a vacinación por convencemento” e con argumentos, cando o goberno “pretende impoñer e renunciar a convencer, cun recurso covarde e triste”.

A nova redacción da Lei permite impoñer a vacinación, en contra do criterio de tódalas sociedades científicas e contra o que se teñen manifestado, ademais do goberno de España, os presidentes de Italia, Reino Unido, Alemaña ou Francia. Lembrou que “a vacina é un éxito” e instou a “traballar na concienciación e no avance das vacinas”, e sinalou que a lexislación actual xa permite á xustiza decidir a vacinación en situacións excepcionais.

Rigor, sensatez e ciencia

Torrado sinalou que “necesitamos ciencia, vacinas e persoal sanitario e non multas, sancións e ameazas” e subliñou que “entre os intolerantes e un goberno autoritario, nós defendemos o rigor, entre a ignorancia perigosa que pon vidas en perigo e o absolutismo, defendemos a sensatez, e entre o negacionismo e a imposición forzosa, nós defendemos á ciencia” que avala as vacinas.

Acusou así ao PP e ao goberno galego de “aproveitar tempos de medo e incerteza” provocados pola pandemia “para instaurar un recorte permanente de dereitos”, impoñendo esta reforma coa que instauran un Estado de Excepción permanente. Advertiu de que “o mesmo Feijóo que dicía que o Estado de Alarma durante unha pandemia era un problema para o país pretende impoñer un Estado de Excepción permanente aínda que non exista pandemia.

Alertou ademais do dubidoso encaixe legal dunha reforma que “restrinxe dereitos individuais e liberdades públicas que deberan ser modificadas por unha Lei Orgánica ou maioría cualificada no Congreso para reformar a Constitución”. Cualificou a norma de “dislate xurídico” que “pretende saltarse todo criterio sobre dereitos básicos e modificar cuestións constitucionais a través dunha lexislación autonómica”.

Torrado explicou que se trata dun “pretendido regulamento sancionador elevando a rango de Lei”, que chega cando outros parlamentos autonómicos xa aprobaron hai 6 meses os regulamentos sancionadores acaídos”. Sen embargo, a norma galega “non resolve ningún dos problemas de saúde pública que temos diante e aos que Feijóo leva sinalando os últimos 11 meses”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28