Categorías: Actualidade

Carmen Rodríguez Dacosta pide explicacións á Xunta pola vaga de incendios de Semana Santa e urxe a realizar “traballos preventivos” para evitar lumes durante a tempada de alto risco

Carmen Rodríguez Dacosta censura o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestales de Galicia “tardío”, “con moito maquillaxe” e aprobado “sen participación pública de forma xeneralista”

A voceira de Medio Rural do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, vén de pedir explicacións á Xunta polos incendios ocorridos durante esta Semana Santa e urxiu a realizar “traballos preventivos” para evitar lumes durante a tempada de alto risco que está a piques de comezar. Fíxoo, hoxe, a través dunha pregunta ao goberno galego na Comisión de Medio Rural do Parlamento.

Así, a responsable socialista lamentou a “xornada negra” vivida o Xoves Santo deste ano no que se calcinaron preto de 600 hectáreas en catro grandes lumes e culpou ao goberno galego de “esquecer” a aplicación dun “principio básico do sistema de prevención e extinción de incendios forestais” que “ten que expanderse e contraerse en función das necesidades”, o cal “non se fixo nesta ocasión”.

“Os galegos convivimos coa preocupante certeza de que o noso territorio poida ser periodicamente pasto dos lumes porque, aínda que Galicia representa menos do 5% da superficie de todo o estado español, aquí se producen entre o 40-50% de todos os incendios forestais”, alertou a socialista.

Na memoria de todos os galegos, lembrou, “quedarán para a historia” os lumes que se produciron en outubro de 2017 cando “neses terribles días” máis de 30.000 hectáreas foron calcinadas en diferentes puntos de Galicia.

Ante tal “magnitude” dos feitos, presentouse entón unha “oportunidade para revisar o fracaso das políticas forestais do PP”, incidiu Rodríguez Dacosta. Malia abordar a cuestión nunha comisión de estudo que deu como resultado un ditame que puña en valor a política forestal do goberno de Emilio Pérez Touriño fronte ás políticas do goberno Feijóo, a Xunta non mudou as súas políticas forestais.

“O PP LEVA DÉCADAS IGNORANDO A NECESIDADE DE ATALLAR AS CAUSAS DOS LUMES”

De feito, destacou, tanto o PP como Feijóo “levan décadas ignorando a necesidade de atallar as causas dos lumes forestais, de extremar medidas de prevención contra incendios, de mudar o modelo do monte galego e de evitar o despoboamento do rural e facer cambios de fondo na súa política forestal, agraria e ambiental”.

“O goberno de Feijóo fixo caso omiso, por exemplo, ás 40 medidas que 20 colectivos propoñían, en 2019, dentro da campaña ‘Por un monte galego por futuro’ que buscaba adaptar as condicións do monte galego para actuar no contexto da emerxencia climática”, no que os lumes forestais cobran “cada vez máis virulencia” e cando “moitas destas medidas levan catro décadas para pórse en práctica”.

Con todo e a fin de que este non volva “ser outro verán desastroso en incidencia e afección incendiaria”, Rodríguez Dacosta urxiu a Medio Rural que realice “traballos preventivos” que eviten lumes durante a tempada de alto risco que está a piques de comezar.

O PLADIGA 2021 É “MAÍS DO MESMO”

Noutra orde de cousas, a responsable socialista censurou o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestales de Galicia (Pladiga) 2021, xa que é “máis do mesmo” e se trata dun plan “tardío” e “con moito maquillaxe”. Así, lamentou que este se aprobase “sen participación pública de forma xeralista” e “sen detallar orzamentos nin mapa de riscos”.

Con isto, Rodríguez Dacosta incidiu en que continúan os problemas dun dispositivo que carece de profesionalización e dispón de interinos “que levan 15 ou 20 anos con esta condición”.

Finalmente, a voceira socialista lamentou que sexan os concellos os con sigan asumindo responsabilidades de extinción nos convenios

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04