Categorías: Actualidade

Carmen R. Dacosta critica que a Xunta “celebre” a diminución do emprego e o crecemento da emigración ao tempo que “deixa sen gastar” 1.540 millóns de euros en políticas de emprego dende o ano 2009

Cualifica de “indecencia” o recorte da partida de “corresponsabilidade” nun 25% nos orzamentos deste ano da Xunta “logo dunha pandemia”

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, criticou que a Xunta “celebre” a diminución do emprego e o crecemento da emigración ao tempo que “deixa sen gastar” 1.540 millóns de euros en políticas de emprego dende o ano 2009. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Orzamentos, despois da intervención da conselleira de Emprego e Igualdade.

Así, a responsable socialista lamentou a situación do mercado laboral “con escaso dinamismo” e “caracterizado por un insoportable índice de precariedade e dobre temporalidade”, ao aludir aos contratos temporais e a tempo parcial. Cando, ademais, esta situación, sinalou, “afecta con máis forza ás mulleres, mozas e mozos e ás paradas e parados de longa duración”.

Nada fai o goberno galego para frear esta situación, incidiu a socialista, quen cualificou de “pésima” a “calidade” dos orzamentos, xa que “a relación entre o crédito inicial e o vixente ao remate do ano deixa moito que desexar”. “Non gastan e seguen recortando”, censurou, xa que para o vindeiro curso tan só empregan en fondos propios libres un máximo de 82 millóns de euros.

Neste sentido, Rodríguez Dacosta lamentou que, durante a pandemia, nos momentos de maior número de casos activos mensuais, a Xunta eliminase a renovación automática do paro de xeito unilateral “para forzar unha causa de diminución do paro” que non había noutras comunidades “e sacar peito”, o que son “prácticas indignas e vantaxosas” por parte da Xunta.

IGUALDADE

No plano da Igualdade, a responsable socialista criticou que malia dedicar “unha parte importante do discurso” da memoria de orzamentos á importancia do fomento da conciliación, “a realidade é que reducen a partida dedicada a este fin nun 25%”, o que supón que esta se converte nunha das  partidas con maiores recortes da totalidade dos orzamentos para 2022.

Isto, incidiu, “é de todo indecente” e máis cando “quedou demostrado logo da pandemia” que a corresponsabilidade “é un campo que hai que traballar antes que o da conciliación” e supón “unha materia pendente que debemos corrixir canto antes”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13