Categorías: Secretaría Xeral

Caballero recorda a Feijóo que pode “contribuír” a rebaixar a AP-9 porque “o PP prorrogou a concesión ata 2048”: “Agora o goberno socialista pon 63 millóns e a Xunta, cero”

O secretario xeral recorda que outras comunidades bonificaron autopistas estatais e que o PP e o BNG rexeitaron no Congreso “a rebaixa histórica” da AP-9 “retratando a súa inconsistencia e o seu cinismo”

O líder socialista critica que Feijóo trate de eludir a súa responsabilidade polo fracaso de Salvar o Nadal cun debate sobre as FFP2 cando leva “meses distribuíndo máscaras de tela con publicidade da Xunta”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Redondela para manter unha xuntanza coa alcaldesa, Digna Rivas, na que ambos analizaron a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e a súa vila prevista nos Orzamentos Xerais do Estado e as demais bonificacións.

De feito, Gonzalo Caballero resaltou que a rebaixa das peaxes da AP-9 que inclúen as contas do goberno de España é “histórica”, polo que lamentou que o PP e o BNG votaran en contra no Congreso dos Deputados destas bonificacións “retratando a súa inconsistencia e o seu cinismo”.

Máxime, como dixo, logo que de fora o goberno de Aznar, no que tamén estiveron Feijóo, Rajoy e Ana Pastor, o que prorrogou a concesión desta vía. Precisamente por iso, porque “o PP é o partido responsable de condenar aos galegos e ás galegas a pagar pola AP-9 ata 2048”, debera ser o primeiro en recoñecer o compromiso do goberno socialista que eles non tiveron.

Así pois, recordou a Feijóo que, se quere, el tamén pode “tomar medidas”, consciente de que comunidades como Aragón, A Rioxa, Cataluña ou Andalucía bonificaron peaxes en autopistas estatais. “Se Feijóo quere ter un mínimo de credibilidade, ten que contribuír dende a Xunta a rebaixar as peaxes”, remachou o líder socialista.

Ademais, instou ao goberno de España e ao resto das administracións implicadas a “manter o control e a presión” sobre Audasa para que a concesión feita por Aznar “non sexa un cheque en branco”. Do mesmo xeito, o máximo responsable do PSdeG urxiu ao ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a desenvolver as negociacións para as bonificacións “coa máxima celeridade posible”.

Así o dixo Gonzalo Caballero logo de contrastar os “máis de 63 millóns de euros” que inclúen os orzamentos do Estado para bonificar as peaxes da AP-9 cos “cero euros” que destina a Xunta a este fin. Ademais, resaltou, as bonificacións impulsadas polo goberno de Pedro Sánchez “teñen vocación de permanencia” máis alá deste ano 2021.

Ao fío disto, subliñou que “aínda que parece que ao PP e ao BNG lle saen urticarias” polo feito de que sexa o goberno progresista o que rebaixe a AP-9, o certo é que a primeira reunión que Gonzalo Caballero tivo cun membro do gabinete de Pedro Sánchez foi co ministro Ábalos para abordar a situación desta infraestrutura.

“DEMANDA HISTÓRICA”

Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou como “históricas” a eliminación da peaxe da AP-9 entre o seu concello e o de Vigo; unha cuestión longamente demandada e á que agora dá resposta o goberno de Pedro Sánchez.

Neste punto, Digna Rivas agradeceu o compromiso do executivo progresista e reprobou ao exalcalde Javier Bas, hoxe deputado no Congreso, que votara “en contra dos veciños e das veciñas”.

MÁSCARAS DE TELA NA XUNTA

Por outra parte, Gonzalo Caballero aludiu á falsa polémica aberta por Feijóo sobre o uso de máscaras FFP2, “unha cortina de fume para eludir as súas responsabilidades polo fracaso da estratexia Salvar o Nadal”.

“Se esas máscaras son clave para a protección fronte á covid, por que leva meses distribuíndo máscaras de tela con publicidade da Xunta”, inquiriu o líder socialista, antes de esixir a Feijóo que se poña a traballar para “resolver os problemas de Galicia”.

Tras deixar claro que asumirá, como fixo sempre con todas as normas e restricións, o que o comité clínico determine sobre o tipo de máscaras a empregar, Gonzalo Caballero reclamou a Feijóo que deixe de xogar á “confusión” para non dar conta de por que non dispuxo axudas logo de pechar a hostalería, a cultura e o deporte e de reducir drasticamente a actividade do comercio.

“Pedimos seriedade”, esixiu a renglón seguido, consciente de que “a cuestión fundamental” non é a máscara nin o feito de que Feijóo “anda cunha de tela a diario”, porque “en novembro a onda da covid estaba relativamente controlada coas mesmas máscaras”. “O que fallou foi a estratexia Salvar o Nadal, pero Feijóo non quere recoñecer os seus erros nin explicar por que non hai axudas”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18