Categorías: Actualidade

Bloqueo da reforma da Lei de Memoria Histórica polo PP e C’s

Concepción Burgo, Portavoz de Cultura do Grupo Socialista, denunciou hoxe en pleno o “bloqueo” de C’s e PP da modificación da Lei de Memoria Histórica dende a Mesa do Congreso. No debate dunha proposición de Lei sobre Memoria Histórica de Galicia, promovida polo BNG, lembrou que a modificación no Congreso “suporía grandes avances en memoria histórica en relación ós crimes de lesa humanidade do franquismo e a non prescrición dos mesmos”.

A deputada defendeu a necesidade da reforma da Lei “para ilegalizar a Fundación Francisco Franco” que, advertiu, “non deixan de facer unha apoloxía tras outra sen que o PP faga absolutamente nada”. Sinalou a importancia da modificación para “opoñerse ás teorías negacionistas da represión franquista” no ámbito da educación “por moi incómodo que isto sexa para algúns”, dixo Burgo facendo referencia ó PP e ó seu pasado.

A deputada socialista explicou que a modificación da lei 52/2007 defendida polo PSOE suporía “garantir a verdade e a xustiza” facendo referencia á disposición de 2004 da ONU que condenaba a falta de memoria histórica en España. Polo tanto, modificar esta lei serviría para “solucionar déficits da lei” que posibilitaría o “recoñecer os crimes do franquismo como crimes de lesa humanidade sen posibilidade de absolución nin de prescrición”.

Burgo tamén contestou perante a defensa do PP que “imos seguir falando de foxas, de mortos, de recuperación e de reparación mentres que sigan existindo posicións de burla e esquecemento”. Tamén chamou a atender a “importancia democrática” de solucionar a memoria histórica en Galicia.

Apoio dos socialistas á tramitación do proxecto de lei do BNG

Por outra banda, a deputada socialista tamén transmitiu o apoio á tramitación do proxecto de lei sobre memoria histórica presentada hoxe polo BNG e que foi rexeitada polo PP. Lembrou que “só existen tres comunidades autónomas sen lei de memoria histórica, unha delas, Galicia”, polo que defendeu que Galicia necesita e “dereito a unha lei de memoria histórica”.

A responsable socialista ofreceu o apoio ao texto condicionado ás emendas no trámite parlamentario xa que “se ben estamos de acordo na necesidade da lei, non podemos estar de acordo con todo o seu contido”. Sinalou que as disposicións previstas no texto “resólvense coa modificación da Lei de Memoria Histórica”.

Por outra banda, a deputada socialista explicou que “tan só Madrid, La Rioja e Galicia son comunidades sen leis de memoria histórica”. Destacou este feito porque “vemos como nas Comunidades Autónomas nas que non hai unha lei autonómica de memoria histórica incúmprese de xeito sistemático a lei de memoria histórica”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28