O líder do PSdeG asiste en Marín ao acto institucional en memoria das vítimas e salienta a “confianza de que se faga xustiza neste ano 25” co remate do xuízo
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou hoxe o apoio do socialismo galego ás familias das vítimas do naufraxio do Vila de Pitanxo “e a toda a familia do mar”. Besteiro asistiu ao acto institucional organizado en Marín con motivo do terceiro aniversario do accidente, no que tamén participou o delegado do Goberno, Pedro Blanco.
O responsable socialista sinalou a “esperanza de que neste ano remate o xuízo e non teñamos que agardar ao ano que vén para que se faga xustiza”. Besteiro participou no acto para respaldar o esforzo das familias por acadar xustiza e dignidade e acompañalos “ata que se esclarezan os feitos e se depuren responsabilidades”, e reivindicar que o mar sexa un “espazo de seguridade e respecto” para os milleiros de persoas que traballan e viven del.
O líder do PSdeG salientou que o mar forma parte da identidade e do modo de vida de Galicia, e polo tanto debe ser “un lugar seguro para todos os que traballan nel, con condicións dignas e con tódalas garantías que merecen”. Puntualizou finalmente que as familias das vítimas do Vila de Pitanxo “sempre nos terán ao seu lado, porque a súa dor e a súa demanda de xustiza tamén son as nosas”.
Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…
Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…
A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…
Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…
Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…
Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…