Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de dar “escusas de mal pagador” para xustificar a paralización do sector eólico

Patricia Iglesias considera “intolerable” que o goberno galego prefira atacar ao TSXG e ao goberno central para “agochar a súa propia incompetencia” ao incumprir coa distribución de zonas protexidas

 

Advirte que a negativa do goberno galego a adaptar as zonas sensibles está a provocar a suspensión de 77 parques eólicos que supoñen 2.000 MW e a perda de 6.000 millóns de euros en investimentos

 

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, acusou ao goberno galego de dar “escusas de mal pagador e directamente mentir” para agochar a súa responsabilidade directa na paralización do sector eólico en Galicia. Iglesias advertiu que o empecinamento da Xunta por obviar as zonas de sensibilidade ambiental está a provocar a suspensión de 77 parques eólicos, que supoñen 2.000 MW de potencia e a perda de 6.000 millóns de euros en investimentos.

 

Iglesias cualificou de “intolerable” que o goberno galego prefira atacar ao TSXG e ao goberno central para “agochar a súa propia incompetencia” ao incumprir coa distribución de zonas protexidas. A responsable socialista replicoulle ás “declaracións vergoñentas” da conselleira de Medio Ambiente esta mesma semana para “agochar a súa propia incompetencia debaixo da alfombra” e “mentindo”  ao dicir que a totalidade da superficie galega estaba protexida contra a implantación de eólicos.

 

A responsable socialista emprazou ao goberno galego a “facer os deberes” e cumprir coa zonificación e planificación territorial de zonas protexidas para implantar os parques eólicos. Explicou que o Plan sectorial eólico en vigor remóntase ao ano 1997, polo que o seu desenvolvemento territorial non está adaptado á lexislación de sustentabilidade ambiental, como a Directiva de Biodiversidade, Directiva de Hábitats e Ecosistemas e a III Directiva de Renovables.

 

Dixo que o que ten que facer a Xunta é ter en conta o Marco de Acción Prioritaria para a ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia seguindo a normativa comunitaria, e así autorizar os parques eólicos “onde realmente poden construírse”, para evitar que segan a ser suspendidos.

 

Puntualizou que a zonificación de sensibilidade ambiental está a ser aplicada dende o ano 2021 en todo o Estado, e lembrou que moitas comunidades autónomas gobernadas polo PP adaptaron as súas lexislacións, e por iso están a avantaxar a Galicia no despregamento da eólica. É o caso de Aragón, Castela e León ou Valencia, que “tiveron o mesmo tempo que o goberno galego”, pero este preferiu “construír a casa polo tellado e botarlle a culpa ao TSXG: intolerable”.

 

Iglesias explicou que esta situación deriva da falla dunha política enerxética por parte do goberno galego e a súa decisión de paralizar o concurso eólico en 2009, que deixou fóra do desenvolvemento eólico 2.325 MW e máis de 5.000 millóns de euros en investimentos.

 

Esta decisión supuxo que os galegos e galegas tiveran que soportar o pago de preto de 200 millóns de euros polas demandas de responsabilidade patrimonial das empresas promotoras afectadas. 16 anos despois, engadiu, o goberno galego leva 13 modificacións á Lei do Sector eólico, ten xa 77 parques eólicos suspendidos e todo un sector sumido na inseguridade xurídica e un caos sen precedentes.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

“Pinza de complicidade” entre PP e BNG para impedir que Besteiro poida exercer as preguntas ao presidente que lle corresponden

Elena Espinosa apunta á solución concedendo 11 minutos máis nun Pleno por cada período de…

01/07/2025
  • Actualidade

Font acolle con escepticismo a Estratexia da economía azul da Consellería do Mar, que chega “sen credibilidade nin ambición real”

Cuestiona a xestión “opaca, ineficaz e máis preocupada pola propaganda que pola realidade” por parte…

01/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que poña en marcha unha campaña informativa para garantir o equilibro entre a actividade marisqueira e o turismo nas praias do Salnés

Paloma Castro alerta de que a alteración dos areais produtivos polo descoñecemento dos turistas impide…

01/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura a “hipocrisía política” de Rueda nas Medallas Castelao: “premia á lingua e á sanidade cunha man menters utiliza a esquiladora coa outra”

Lara Méndez critica o cinismo de Rueda, que se presenta como centrista moderado cando están…

30/06/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro constitúe os 15 grupos de traballo que artellarán arredor do PSdeG “un proxecto realista, galeguista e centrado na maioría social”

“Queremos escoitar máis voces, unir máis miradas e construír máis Galicia”, asegurou o secretario xeral…

29/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista defende para Galicia un servizo único contra o lume, fronte ao caos e á falta de planificación da Xunta

Carmen Dacosta alertou do déficit de traballadores para a defensa contra os incendios forestais e…

27/06/2025