Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista cualifica de “bochorno alleo” que o PP celebre un ano sen proxecto e sen respostas aos problemas da xente

A deputada e viceportavoz segunda do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, denuncia que o goberno do PP segue sen proxecto, cunha sanidade colapsada, prezos do alugueiro disparados e un abandono total da mocidade e do rural

 

Tras un ano de Rueda nesta lexislatura, a única realidade palpable, destacou a socialista,  é unha Galicia con servizos públicos colapsados, prezos disparados e unha Xunta máis preocupada en facer propaganda que en ofrecer solucións. “O PP quere que celebremos este primeiro ano de goberno, pero que hai que festexar?

 

O Grupo Parlamentario Socialista valorou hoxe o primeiro ano de goberno de Alfonso Rueda, un período marcado pola falta de proxecto, a ausencia de solucións e o deterioro dos servizos públicos. A viceportavoz socialista, Lara Méndez, foi clara na súa diagnose: “Non hai nada que festexar. Rueda leva un ano máis sen ofrecer respostas aos problemas reais da xente e deixando que Galicia siga afundíndose en desigualdade e falta de oportunidades. Facer unha festa por iso, da un pouco de bochorno alleo”.

 

Méndez fixo especial fincapé na sanidade, onde a situación continúa agravándose. Máis de 71.000 persoas agardan por unha operación e outras 220.000 permanecen en listas de espera para consultas, mentres a Atención Primaria está ao límite. “Os médicos están desbordados, os hospitais comarcais perden servizos e o goberno négase a reforzar a sanidade pública. A única solución da Xunta é desviar cartos á privada, mentres os galegos e galegas seguen sen atención”, denunciou Méndez.

 

O acceso á vivenda segue sendo un problema crítico. Os prezos do alugueiro están en máximos históricos e a Xunta continúa sen tomar medidas. “A vivenda protexida practicamente desapareceu e a mocidade está sendo expulsada das cidades. Rueda non fixo nada nin para regular os prezos nin para garantir un alugueiro accesible, está a condenar a miles de galegos e galegas a unha precariedade habitacional sen precedentes”, advertiu.

 

A deputada socialista sinalou a situación da dependencia como outro síntoma do abandono institucional. Máis de 1.200 persoas con dependencia recoñecida seguen agardando por unha prestación, con esperas de ata dous anos. “Moitas destas persoas falecen sen recibir a axuda que lles corresponde, mentres a Xunta mira para outro lado. Son os concellos os que están asumindo o 90% do Servizo de Axuda no Fogar, ante a inacción absoluta do goberno galego”, explicou.

 

O deterioro da educación pública tamén é evidente para os socialistas con centros sen docentes suficientes, transporte escolar deficiente no rural e unha Formación Profesional colapsada. “A Xunta leva anos abandonando a educación pública e Rueda seguiu a mesma liña, criticou a viceportavoz socialista.

 

Desprezo do PP pola lingua

 

No ámbito lingüístico, os datos son demoledores. O galego segue perdendo falantes e, por primeira vez, o castelán é a lingua máis utilizada en Galicia. “Isto non é casualidade. É o resultado directo da falta de políticas de promoción e do desprezo absoluto do Goberno de Rueda pola nosa lingua. O PP renunciou a garantir o ensino en galego e, nos medios públicos, o idioma propio de Galicia perde presenza de maneira alarmante”, advertiu Méndez.

 

A nivel económico, Galicia continúa medrando por debaixo da media estatal. Sen un modelo económico que xere emprego e oportunidades, os sectores estratéxicos como o eólico seguen bloqueados e o rural permanece abandonado. “Non hai un só proxecto transformador para Galicia. O PP está instalado na parálise, sen ideas nin vontade de mellorar a vida da xente. O resultado é claro: menos emprego, máis desigualdade e un rural cada vez máis despoboado”, concluíu.

 

Tras un ano de Rueda nesta lexislatura, a única realidade palpable, destacou a socialista,  é unha Galicia con servizos públicos colapsados, prezos disparados e unha Xunta máis preocupada en facer propaganda que en ofrecer solucións. “O PP quere que celebremos este primeiro ano de goberno, pero que hai que festexar? As listas de espera máis longas? O prezo da vivenda imposible? A emigración da mocidade? A destrución da sanidade pública? Rueda demostrou que non ten proxecto e que só sabe facer o mesmo que Feijóo: vender fume mentres Galicia segue a retroceder”, sentenciou Lara Méndez.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a falla de información da Xunta provoca que o 40 por cento dos galegos que poderían recibir axuda á Dependencia non a pidan

Silvia Longueira lamenta que o goberno galego evita dedicar recursos “de forma sistemática e seria…

19/06/2025
  • Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para emprazar á Xunta e ao Concello de Oleiros a que acorden a mellora da seguridade na estrada que cruza o Couto

Julio Abalde reclama que “deixen de utilizar aos veciños e veciñas como arma arreboladiza” e…

19/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista sinala que o director xeral da CRTVG despídese logo de desbotar unha xeración enteira de xornalistas pola “censura, manipulación informativa e represión interna”

Silvia Longueira denuncia que nos últimos 16 anos “roubóusenos a Galicia a oportunidade de ter…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de politizar a designación de directores e directoras territoriais antes reservada a empregados públicos

Patricia Iglesias advirte que queren impoñer unha administración “colonizada por cargos políticos” e consolidar as…

18/06/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia a “equidistancia” do PP logo de que rexeiten no Parlamento unha proposta de apoio ao pobo palestino e contra a actuación de Israel

Paloma Castro reclámalle ao PP que atenda á petición unánime da poboación que se está…

18/06/2025
  • Actualidade

Besteiro insta a Rueda a sumarse ao plan de vivenda do Goberno e defender así os intereses dos galegos e galegas, “e non os de Feijoo”

O secretario xeral do PSdeG sinalou que o Estado incorporará 380 millóns de euros a…

18/06/2025