Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro: “Somos capaces de facelo de novo: quero reeditar a etapa dos gobernos socialistas na Xunta e no Goberno “

Apela ás mulleres como protagonistas do cambio e promete liberar a AP-9 do secuestro no que o PP a mantén ata 2048

O candidato socialista á Xunta enxalza na Coruña a figura de Zapatero, que participou no mitin, “como líder de Estado que fixo de España un país pioneiro en dereitos e liberdades”

Aposta pola creación do Consorcio Metropolitano de Transportes para unha “Coruña conectada”, que dea servizo a 450 mil persoas

A Coruña, 6 de febreiro de 2024.- O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, participou hoxe nun mitin na Coruña no que asegurou estar certo de que nas próximas eleccións autonómicas do 18 de febreiro “somos capaces de facelo de novo: quero reeditar a etapa dos gobernos socialistas na Xunta e no Goberno“.

Ante máis dun milleiro de asistentes tamén se comprometeu a liberar de peaxe a Autoestrada do Atlántico (AP-9) cando sexa presidente. Unha infraestrutura pola que pasan a diario uns 25.000 vehículos e que supoñen un ingreso diario para a concesionaria de máis de medio millón de euros cada día-

Besteiro recordou que foron sempre os socialistas os que aplicaron as bonificacións nesta autoestrada ata conseguir o actual desconto do 75%. Unha “infraestrutura fundamental para Coruña e Galicia” pola que o PP  nunca fixo nada agás condenar aos galegos a pagar peaxes ata 2048 con prórrogas interminables.

No mitin, no que participaron tamén o expresidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero e a alcaldesa da cidade, Inés Rey, e a cabeza de lista pola Coruña, Patricia Iglesias. O candidato socialista agradeceu especialmente a Zapatero o seu apoio e referiuse a el como “un home de Estado que antepón os intereses do seu país aos do seu partido” e enfrontouno aos “patriotas de peto que están tan de moda”, en clara referencia ao PP e á ultradereita. “Xa era un home de Estado na oposición. Feijóo ten moito que aprender, que sempre que pode vai falar mal de España a Europa.”

Afirmou que “os socialistas temos unha grande débeda con Zapatero, o presidente que derrotou a ETA, pero tamén o que “fixo de España un país pioneiro en dereitos e liberdades entre as que salientou a primeira lei que aprobou: “A Lei contra a violencia de xénero” e recordou que “contigo as mulleres por fin foron protagonistas para nunca máis deixalo de selo” e puxo en valor a loita polos dereitos das mulleres na historia do socialismo. Recordou que Zapatero formou “o primeiro goberno cunha vicepresidenta muller: María Teresa Fernández de la Vega. O primeiro goberno cunha ministra de defensa: Carme Chacón. Qué orgullo aquela imaxe de Carme embarazada pasando revista da tropas. Canto avanzou España con estas imaxes.E o primeiro goberno cun Ministerio de igualdade. As mulleres foron protagonistas no teu goberno, como o teñen que seguir sendo agora. Fixeches cousas que cambiaron para sempre a sociedade española”.

A muller protagonista do cambio para seguir avanzando

Neste sentido, apelou á facer memoria porque “Galicia é un matriarcado, de mulleres loitadoras, traballadoras, incansables” e destacou que “todos os avances en materia de igualdade e de dereitos e liberdades veñen sempre da man do Partido Socialista e coa oposición do PP que sempre vai con retraso”. Aínda que matizou que en Galicia “con Feijóo e Rueda xa non é unha cuestión de chegar tarde, senón que queren camiñar cara atrás”.

Besteiro subliñou que “é moi importante que nos mobilicemos, pero é fundamental que as mulleres acudan a votar masivamente para seguir avanzando, para seguir sendo protagonistas, para acabar cun PP que cheira a antigo, que é retrógrado e que non nos permite seguir adiante. Porque o Partido Socialista é o partido das mulleres”.

Unha Coruña conectada e unha política centrada nas persoas

Para Besteiro “é fundamental conectar Coruña con todos os concellos da área cun transporte metropolitano eficaz e eficiente e sostible, polo que apoiamos a alcaldesa, Inés Rey, na creación dun Consorcio Metropolitano de Transportes que dará servizo a case 450 mil persoas” e criticou que “o goberno da Xunta non compareceu nos últimos 15 anos nun asunto que é da súa competencia e vital nesta comarca: a mobilidade”.

Un asunto que, sostivo o candidato socialista, é xeralizado en Galicia onde o “transporte público é un auténtico fiasco” malia que ironizou “Rueda, agora afeccionouse moito aos autobuses”. Valorou tamén que A Coruña “é a última cidade á que chega a intermodalidade pola desidia da Xunta” e “unha vez máis acudiu o goberno de Pedro Sánchez, ao rescate”-

Por último, Besteiro apelou á mobilización dos coruñeses “unha cidade historicamente socialista que sempre foi fundamental para conseguir maiorías” e de toda a provincia para lograr o goberno da Xunta de Galicia. “Non teñades dúbidas de que se repetimos os resultados das eleccións xerais e municipais de 2023, haberá cambio liderado polo PSdeG-PSOE”. Para concluír que “coa forza dos nosos alcaldes e alcaldesas, coa forza das mulleres conseguiremos que o cambio en Galicia sexa seguro e unha realidade. Desta vai!”

Tamén a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pediu o voto das mulleres para o Partido Socialista “Non quero rematar sen dirixirme ás galegas. Ás mulleres. Estas eleccións van E MOITO de nós. Porque o futuro de Galicia pasa polo impulso das cidades. Polo desenvolvemento TIC e a potenciación das renovables. Pola intelixencia artificial e o audiovisual. Polos principais sectores que están a traer, sen axuda da Xunta do PP, o progreso económico a Galicia. E que nesta provincia lideran as mulleres”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00