A decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira, e a investigadora Mari Lires recolleron os Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez, nun acto marcado pola homenaxe a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recentemente falecida
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, concluíu a súa intervención no acto celebrado na Cidade da Cultura insistindo en que “o futuro será feminista si ou si, porque non imos permitir que sexa doutro xeito”
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, destacou hoxe a necesidade de seguir avanzando en igualdade na entrega dos Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez. “A igualdade non é unha meta abstracta, é unha urxencia real”, subliñou, comprometéndose a que “no PSdeG seguiremos facendo políticas feministas reais, que garantan oportunidades e protexan os dereitos”. Ademais, advertiu que “fronte aos que queren retroceder, estamos aquí para avanzar. Sen desculpas, sen medias tintas e sen deixar a ninguén atrás”.
Besteiro tivo unhas palabras de recordo para Paula Alvarellos, asegurando que “a súa voz, o seu compromiso e a súa loita seguirán marcando o noso camiño”. Engadiu que “Paula sabía que o feminismo non é unha consigna, é unha acción diaria”, e insistiu en que “non estamos aquí só para homenaxeala, senón para continuar a súa tarefa”.
O secretario xeral dos e das socialistas de Galicia advertiu que “non imos admitir ni un paso atrás nos dereitos das mulleres” e asegurou que “o futuro será feminista si ou si, porque non permitiremos que sexa doutro xeito”.
Nesta edición dos premios recoñeceuse o labor de Mari Lires e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Besteiro destacou que “Mari Lires demostrou que a ciencia también pode e debe ser feminista”, poñendo en valor a súa traxectoria na investigación e na docencia. Pola súa banda, subliñou que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia “loita por algo esencial: a maneira en que se conta o mundo”, advertindo que “se o mundo se conta sen mulleres, con prexuízos e estereotipos, esa historia é mentira”.
A deputada Lara Méndez interveu previamente nun emotivo recordo a Paula Alvarellos, salientando a fonda pegada que deixou en quen a coñeceron e compartiron con ela traxectoria e compromiso.
Méndez puxo en valor “a súa dedicación incansable” e destacou que “Paula foi e será sempre un referente, unha amiga e unha compañeira indispensable”.
Pola súa banda, Silvia Fraga, secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG, demandou a aplicación transversal da perspectiva de xénero porque, dixo, “segue sendo unha asignatura pendente en moitos ámbitos. Na saúde, a investigación e a práctica médica continúan baseándose nun enfoque androcéntrico, o que leva a diagnósticos tardíos e tratamentos inadecuados para as mulleres”.
Na política, e pese aos avances en representación, Fraga sinalou que “seguimos sen estar en igualdade real nos espazos de toma de decisións” e reivindicou a consolidación “dunha perspectiva feminista en todas as áreas para garantir unha igualdade efectiva e real”.
A secretaria de Organización do PSdeG denunciou que o PP “quere borrar o galego”, pretendendo…
Elena Espinosa reclama fiscalizar un informe sobre as subvencións “a dedo” concedidas polo PP dende…
Lara Méndez responsabiliza ao goberno galego de “despilfarrar fondos” ao paralizar o proxecto durante 15…
Paloma Castro alerta da xestión ineficiente e opaca do canon da auga e reclama un…
O eurodeputado socialista galego sinala que “Galicia precisa dun presidente que una ás forzas políticas…
lembra que o PP nunca implantou o galego no anterior sistema nos seus preto de…