Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro pon o Concello de Pol como exemplo de aposta polos servizos públicos fronte á “inoperancia da Xunta” no rural

O secretario xeral do PSdeG coñeceu da man do alcalde do municipio lucense, Lino Rodríguez Ónega, iniciativas coma a recuperación do supermercado local ou o impulso dunha cidade deportiva

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, valorou hoxe en Pol a aposta de concellos socialistas polo mantemento dos servizos públicos no rural fronte á “inoperancia da Xunta”, que está a pechar instalacións públicas, como centros de saúde ou escolas, en pequenas poboacións da xeografía galega.

O líder socialista puxo lugares coma Pol e Ribeira de Piquín coma un exemplo das políticas que defende o PSdeG para o medio rural galego, con proxectos para “xerar economía e xerar riqueza”, e, en consecuencia, asentar poboación. Nese senso, destacou que o goberno de Lino Rodríguez Ónega converteu o municipio lucense “nun referente para toda a comarca, a provincia e incluso con repercusión no estranxeiro”, dado que este verán un equipo da primeira división de fútbol portuguesa realizará unha estancia na cidade deportiva que se está a impulsar.

A construción desas instalacións é, xunto coa recuperación do supermercado local, unha das accións que o goberno local está desenvolvendo para dinamizar o concello, e para o que conta coa colaboración da Deputación lucense. O establecemento, do que carecía o municipio ao pechar o último dese tipo, dará emprego a tres persoas e garantirá á cidadanía non ter que desprazarse a lugares máis afastados para realizar as súas compras. Supón un investimento de 250.000 euros, que se canaliza a través dunha fundación constituída polo propio Concello para a xestión do negocio.

O secretario xeral advertiu que os veciños e veciñas “teñen dereito ao acceso a todos os servizos, con independencia de onde vivan”, algo que o Goberno de Rueda non está a garantir, como demostran problemas como o empeoramento das conexións do transporte público ou que a maior parte dos pequenos concellos carezan de cobertura próxima en algo tan básico como é a atención pediátrica.

O alcalde, pola súa banda, chamou a atención sobre outra necesidade que tamén existe no rural,  e non só no eido urbano, como é a da vivenda. Nese senso, lembroulle á Xunta que o Concello de Pol dispón de 6.000 metros de terreo para levantar vivenda pública se a Administración que ten as competencias, a autonómica, quixera impulsala. Rodríguez Ónega criticou que, mentres os concellos deben atender cuestións que son responsabilidade da comunidade autónoma, a Xunta “mira o embigo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG urxe á Xunta a impulsar unha estratexia galega de saúde das mulleres con perspectiva de xénero

Os socialistas propoñen mellorar o diagnóstico de enfermidades infradiagnosticadas nas mulleres, impulsar a investigación biomédica…

07/03/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro denuncia a inoperancia da Xunta en rehabilitación de vivenda: “O plan Rexurbe fai de todo menos rexurdir”

O secretario xeral do PSdeG criticou en Tui que os catro inmobles que o IGVS…

07/03/2026
  • Actualidade

O PSdeG advirte da “nefasta política industrial” de Rueda: baixa execución, cero planificación e “o gran engano de Altri”

Patricia Iglesias insistiu en reclamar o “memorando secreto” asinado entre a pasteira e a sociedade…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica a xestión do Igape “continuísta” por parte do PP, que “fracasa no impulso do salto estrutural que precisa a industria galega”

Patricia Iglesias alerta de que Galicia medra menos que España e reduce a produtividade, e…

06/03/2026
  • Actualidade

Besteiro propón no Parlamento unha declaración institucional en defensa da paz e do dereito internacional: “Non á guerra”

O líder socialista traslada aos grupos parlamentarios unha proposta para que a Cámara galega reclame…

06/03/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar canto antes o II Plan Galego contra a Trata, que acumula un ano de retraso

Paloma Castro reclámalle ao goberno galego que elimine as trabas administrativas que exclúen á maioría…

05/03/2026