Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro inaugura o Congreso “do rearme ideolóxico” para darlle respostas a unha Galicia “que non se resigna”

O secretario xeral do PSdeG reivindicou Galicia como berce dun socialismo que hoxe se presenta coa vontade decidida de gañar a confianza da cidadanía

 

“Hoxe reafirmamos o noso compromiso social para fortalecernos e representar con firmeza ao Partido Socialista que será capaz do cambio en Galicia”, asegurou Besteiro

 

O líder dos socialistas galegos reclamou “máis Europa, máis Galicia, máis socialismo, máis esquerda que pode”

 

Contrastou un proxecto socialista con ambición fronte ao PP, que quere unha Galicia “pequena en transparencia, pluralismo e dereito á información”

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, abriu hoxe en Santiago o XV Congreso do PSdeG co obxectivo, dixo, de “rearmarnos para dar respostas” e situar ao partido no camiño do cambio en Galicia. Así o dixo na inauguración do grande encontro dos socialistas galegos, no que tamén interveu o ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes e secretario de Xustiza do PSOE, Félix Bolaños.

 

O líder dos socialistas galegos comezou cunha lembranza á alcaldesa de Lugo, falecida a semana pasada, para aludir ao legado histórico dos e das militantes que traballaron na defensa dos valores da socialdemocracia cando fan 100 anos do pasamento do fundador do partido, o ferrolán Pablo Iglesias. Reivindicou Galicia como berce dun socialismo que hoxe preséntase “orgulloso, con fortaleza, ilusión e vontade decidida de gañar a confianza da cidadanía”.

 

Anunciou que no encontro que comeza hoxe “reafirmaremos o noso compromiso social para fortalecernos e representar con firmeza ao Partido Socialista que será capaz do cambio en Galicia” apoiado no “proxecto, equipo, traballo, lealdade e unidade” e aberto ás aportacións da sociedade. reivindicou a forza municipalista dos socialistas que están a poñer a política ao servizo da cidadanía como mellor representación da “Galicia que Pode”, en alusión ao lema do XV Congreso.

 

Contrapuxo á Galicia “pequena en transparencia, pluralismo e dereito á información, e polo tanto deficitaria en democracia plena”, condenada á “resignación” que representan Feijóo e Rueda, coa Galicia do orgullo e a ambición que “con nós, non se resigna”. Reclamou “máis Europa, máis Galicia, máis socialismo e máis esquerda que pode”, que identifica os problemas da xente e ofrece propostas para solucionalos.

 

Sinalou que fronte ao problema da vivenda os socialistas defenden un Banco Público de Aluguer, e fronte ao deterioro da sanidade, propoñen recuperar un servizo público fortalecido que garanta Atención Primaria nun máximo de 48 horas. Reclamou reforzar a protección das persoas vulnerables e maiores “sen desarraigo e sen antepoñer o interese empresarial por diante do seu benestar”.

 

Do barco á praia privada

 

Besteiro subliñou que “temos dereito a unha Galicia mellor” e sinalou a débeda coas persoas que traballan no mar e na terra no “país anfibio” do que fala o escritor e xornalista Manolo Rivas que, para Feijóo e Rueda, significa “pasar do barco á praia privada en Moaña”.

 

Reclamou unha Galicia que “reclama protexer o seu territorio de empresas sen control”, e que cre no impulso ordenado das enerxías renovables para garantir un desenvolvemento saudable e sostible mentres para o PP de Feijóo e Rueda “a única emerxencia climática chámase Altri”.

 

A escasos días da xuntanza de Rueda co xefe de gabinete do ultra Milei, criticou o “negacionismo histórico” dun Feijóo a quen a historia abúrrelle e define a Guerra Civil de “pelexa de avós”. Advertiu que “o pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila”, e alertou de que a falla de memoria prepara a chegada da ameaza “real e crecente” das forzas ultranacionalistas e reaccionarias.

 

Lembrou a recente declaración da Illa de San Simón como Lugar de Memoria “para impedir que o noso pasado sexa secuestrado e agochado”, como mostra do “combate” contra á dereita “desatada e sen complexos” á que os socialistas confrontan “con acción política e denunciando as súas mentiras.

 

Avanzar, avanzar e avanzar

 

O líder dos socialistas galegos anunciou que con este Congreso comezarán “foros de participación permanente” nos que os socialistas canalicen “a voz dos veciños e das veciñas e dos territorios” para fortalecer un “partido imparable”. Reivindicou “equipos preparados para os novos tempos”, e anunciou un impulso á formación dos cadros do partido que permita “avanzar, avanzar, avanzar e avanzar” cara ao cambio que “comeza aquí”.

 

Puxo como exemplo as “metas que nos dixeron que eran imposibles”, o goberno do Concello de Lugo do que formou parte e que comezou con 5 concelleiros ou a renovación nas deputacións de Lugo e a Coruña. Salientou o goberno do concello da Coruña, de Vilagarcía, as alcaldesas socialistas da Costa da Morte, os gobernos socialistas no que fora “bastión” de Fraga no goberno de Vilalba, as sucesivas maiorías absolutas no Concello de Vigo ou renovar o goberno no Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG traslada o “apoio, agarimo e afecto” á vítima da agresión homófoba da pasada noite en Santiago e sinala que en Galicia “non hai espazo para o odio nin para a violencia”

Aitor Bouza traslada a “máxima condena e repulsión” dos socialistas galegos contra as actitudes violentas…

13/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclama unha Comisión de Estudo sobre o Leite “operativa, resolutiva e construtiva”

Lara Méndez urxe a constituír canto antes a Comisión de Estudo sobre o leite impulsada…

13/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de presentar o Pladiga “meses tarde, ás agochadas e sen autocrítica”

Carmen R. Dacosta critica que “substitúen a prevención real por propaganda e externalización” nun documento…

13/05/2026
  • Actualidade

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta reactiva os megaproxectos mineiros máis polémicos sen plan sectorial e de costas ao territorio

A voceira de Industria e Enerxía do Grupo Parlamentario Socialista advirte de que o goberno…

13/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reivindica en Santiago a lingua como “ferramenta de identidade” no encontro “Libro, Letras e Redes” organizado dentro da Semana das Letras Galegas

A secretaria de Organización Lara Méndez clausura un acto aberto pola secretaria de Lingua Silvia…

12/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG defende a exención das cotas das mariscadoras á Seguridade Social que impulsa o Goberno e critica a posición de BNG e PP no Senado

César Mogo censurou o “oportunismo” dos nacionalistas por presentar na Cámara Alta unha iniciativa en…

12/05/2026