Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro propón un Plan de primeira oportunidade para contratar a máis de 42.500 mozos e mozas con apoio público

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista O PSdeG alerta de que o encarecemento da vivenda está a converter á mocidade nos novos pobres, e propón un Banco Público de Alugueiro para mobilizar 5.000 pisos a prezos xustos con garantías para propietarios e inquilinos

 

Gómez Besteiro anunciou que o PSdeG situará á mocidade como unha das grandes protagonistas do Debate do Estado da Autonomía, “con propostas ambiciosas para garantir vivenda, traballo e futuro”

 

O voceiro parlamentario do Grupo Parlamentario Socialista e secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, centrou esta mañá a súa intervención ante os medios nun dos temas que, a xuízo dos socialistas, debe ocupar o centro do Debate do Estado da Autonomía: a mocidade galega, “unha xeración totalmente esquecida polas políticas do Partido Popular”.

 

“Temos a xeración mellor preparada da historia, á que o PP leva máis de 15 anos condenando á precariedade e  Rueda, que  leva todos eses anos no Goberno, non fixo absolutamente nada para mudar esta situación”, denunciou Besteiro.

 

Deste xeito, o líder socialista explicou que a primeira gran proposta que o PSdeG defenderá no debate é a posta en marcha dun Plan de Primeira Oportunidade, deseñado para facilitar a inserción laboral da mocidade galega con contratos estables.

 

O plan contemplaría un investimento de 100 millóns de euros anuais, que se executarían en colaboración co tecido empresarial galego.  Esta medida permitiría incorporar ao mercado laboral a máis de 42.500 mozos e mozas actualmente desempregados, cunhas condicións que lles dean estabilidade e expectativas de futuro.

 

“Non só é unha medida viable: é necesaria. E é cuestión de prioridades. A Xunta deixou de ingresar o dobre deses 100 millóns ao rebaixar o imposto de patrimonio a quen ten máis dun millón de euros”, dixo Besteiro.

 

As mozas e mozos galegos, os novos pobres

 

O secretario xeral dos e das socialistas galegos advertiu que a combinación de alugueiros inasumibles, salarios baixos e falta de expectativas está a crear unha nova clase social: a dos traballadores pobres.

 

“Cando máis da metade do teu salario vai destinado ao alugueiro, é imposible chegar a fin de mes. A mocidade galega converteuse nos novos pobres, e o PP, con Rueda á cabeza, é o único responsable de que cheguemos a esta situación”, asegurou.

 

Por iso, a segunda proposta do PSdeG céntrase no acceso á vivenda, que segue sendo un dos principais obstáculos para a emancipación da mocidade. Os socialistas propoñen a creación dun Banco Público de Alugueiro, que permitiría mobilizar 5.000 vivendas baleiras de maneira inmediata a prezos xustos e con garantías para propietarios e inquilinos.

 

Segundo datos da propia Xunta, a mocidade galega destina máis da metade do seu salario ao alugueiro e no caso da compra de vivenda, o esforzo chega ao 40 % da renda anual. Isto provoca que o  60 % dos mozos e mozas entre 25 e 34 anos segue vivindo cos seus pais.

“O mercado non resolve este problema. Por iso é necesario que a administración actúe. O PP deixou pasar os anos sen mover ficha, mentres as xeracións máis novas quedaban sen oportunidades para iniciar un proxecto de vida”, advertiu.

 

Besteiro resumiu a proposta do PSdeG nun triplo compromiso: vivenda, traballo e futuro. “Non é só cuestión de darlles motivos para quedar. É tamén cuestión de que teñan motivos para volver”, afirmou.

 

Unha oposición construtiva que ofrece alternativas reais

 

A preguntas dos xornalistas, o voceiro socialista avanzou tamén cal será o papel do PSdeG no Debate do Estado da Autonomía: “Somos oposición, pero unha oposición útil e construtiva. Levamos un ano interpelando á Xunta con propostas realistas e serias. Pero que non nos pida Rueda que non critiquemos: porque o que non imos facer é calar ante 16 anos de fracasos”.

 

“Se o presidente pensa que vai pasar o debate sen escoitar crítica ao abandono da mocidade, ao desastre en vivenda ou á parálise industrial, está moi equivocado. “Nós imos facer oposición, pero para mellorar Galicia”, concluíu.

 

Besteiro abordou tamén a necesidade de situar a política industrial galega nun marco estratéxico europeo. “Europa está apostando pola reindustrialización, e Galicia non pode quedar atrás. Temos unha oportunidade histórica para recuperar emprego de calidade e reducir as desigualdades salariais co resto do Estado”, explicou.

 

O líder socialista insistiu en que os proxectos industriais estratéxicos deben ser debatidos no Parlamento, con máxima transparencia e consenso, e reclamou unha aposta decidida pola diversidade forestal e a transformación da madeira como motor económico. “A riqueza de Galicia está na diversidade produtiva e na capacidade de transformar o que producimos”, afirmou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Nicolás González Casares acusa a Rueda de incumprir co seu comrpomiso de convocar aos representantes galegos nas súas visitas a Bruxelas

O eurodeputado socialista galego sinala que “Galicia precisa dun presidente que una ás forzas políticas…

02/07/2025
  • Actualidade

Paloma Castro esíxelle á Xunta que poña en marcha o novo sistema de xestión da xustiza en lingua galega “dende o día 1”

lembra que o PP nunca implantou o galego no anterior sistema nos seus preto de…

02/07/2025
  • Actualidade

Os socialistas comparten de madrugada co estudantado as colas da vergoña para buscar piso: “A nula política de vivenda e de residencia de Rueda provoca esta situación”

Patricia Iglesias anuncia unha batería de iniciativas parlamentarias para que a Xunta mobilice vivenda baleira…

02/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro, sobre a negativa da Xunta a levar a Autovía da Costa da Morte ata Cee: “Redobraremos a ofensiva para poñer fin a esta discriminación”

O secretario xeral do PSdeG criticou que o PP votase no Parlamento e na Deputación…

02/07/2025
  • Actualidade

“Pinza de complicidade” entre PP e BNG para impedir que Besteiro poida exercer as preguntas ao presidente que lle corresponden

Elena Espinosa apunta á solución concedendo 11 minutos máis nun Pleno por cada período de…

01/07/2025
  • Actualidade

Font acolle con escepticismo a Estratexia da economía azul da Consellería do Mar, que chega “sen credibilidade nin ambición real”

Cuestiona a xestión “opaca, ineficaz e máis preocupada pola propaganda que pola realidade” por parte…

01/07/2025