Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que o Plan de cirurxía menor da Xunta deixa “desamparados e orfos de apoio” aos profesionais da Atención Primaria

Elena Espinosa critica que o anuncio do presidente da Xunta carece de reforzo de persoal, o que vai multiplicar as esperas sanitarias e sobrecargar uns centros de saúde que xa están ao límite

 

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, advertiu hoxe que o Plan de Cirurxía Menor presentado no Consello da Xunta de onte carece de reforzo de persoal, co que só vai servir para sobrecargar aínda máis aos traballadores e traballadoras de Atención Primaria. Espinosa presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria para reclamarlle ao goberno galego que garanta o reforzo de persoal nos centros de saúde.

 

Espinosa acusou ao goberno galego de deixar “desamparados e orfos de apoio” aos profesionais sanitarios, aos que aboca a “non xa facer máis con menos, senón que teñan que facer máis con nada, e iso é absolutamente imposible”. Sinalou que a nova carga de traballo que suporá obrigalos a asumir cirurxías menores nos centros de saúde suporá “multiplicar aínda máis os 8 días de media de espera para unha consulta en Atención Primaria”.

 

Alertou de que os centros de saúde galegos están xa “sobrecargados” con “1 ou 2 médicos, que teñen que deixar o servizo descuberto cando están obrigados a acudir a un domicilio ou a unha urxencia”, polo que directamente “non contan cos  medios humanos para realizar as cirurxías menroes”.

 

A responsable socialista urxiu ao reforzo de persoal “non somentes para cubrir as vacantes, senón que agora precisan de novos medios humanos para realizar esta actividade” que vén de anunciar o goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro pídelle ao Goberno un novo impulso para que o nó de transición xusta das Pontes permita crear empresas canto antes

O secretario xeral do PSdeG celebrou o “paso decisivo” tras o si do Congreso ao…

13/04/2026
  • Actualidade

O ciclo cultural do PSdeG, Desde-A-Marxe, deulle voz en Serantes -Ferrol- a proxectos relacionados coa ilustración e a moda

Silvia Longueira destacou que o programa que o Partido Socialista está a levar por toda…

11/04/2026
  • Actualidade

Méndez: “O PP de Rueda usa o DEA para o único que sabe facer: Dicirlle non á xente e si aos de sempre”

O Partido Popular tombou onte con rodillo parlamentario 38 das 40 resolucións presentadas polo Grupo…

11/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “cambiar unha Galicia de dereitos por unha Galicia de caridade”

Lara Méndez sinala que levan “17 anos destruíndo o futuro” e levando “a números vermellos”…

10/04/2026
  • Actualidade

O PP comprometíase cos socialistas a elixir con equidade a dirección do CGAC ao mesmo tempo que a Xunta abría un proceso de selección a dedo

Os populares aceptaron unha proposta do PSdeG no marco do Debate do Estado da Autonomía…

10/04/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro propón a coparticipación de Galicia na xestión aeroportuaria e intervención inmediata na vivenda: “Galicia necesita un Goberno que actúe xa”

O PSdeG leva ao DEA 40 Propostas de Resolución para que Galicia teña voz na…

09/04/2026