Categorías: Actualidade

Xunta e PP van en contra do Consello de Contas ao negarse a transparentar a actividade da Sociedade Recursos de Galicia

Patricia Iglesias advirte que “un só euro público motiva a rendición de contas da entidade”, que xa recibiu 15 millóns de euros da Xunta

 

A portavoz de Transparencia do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, acusou hoxe a Xunta e PP de ir “en contra” das recomendacións do Consello de Contas ao negarse a transparentar a actividade da Sociedade Recursos de Galicia -RdG-. Así o dixo logo de que rexeitaran a proposición non de Lei que presentou hoxe na Comisión de Economía para pedirlle ao goberno galego que lle fixera caso ao último informe do ente fiscalizador sobre RdG.

 

Advertiu que “un só euro público” motiva que a entidade renda contas e, polo momento, a Xunta xa ten entregado 15 millóns de euros de investimento público, e prevé duplicar a contía ata 2027. Sinalou que o informe de Contas e o voto en contra do PP evidencian que tanto RdeG como a Sociedade Impulsa son “sociedades fake, opacas e con claros indicios de control público que a Xunta se empeña en agochar para evitar render contas”.

 

Afeoulle ao goberno galego que pasara de negar que con esta Sociedade en realidade querían privatizar a xestión dos recursos naturais ás declaracións da conselleira de Industria, tratando de explicar que malia que recibiría 30 millóns de euros públicos se tratada dunha sociedade privada sobre a que non pode existir control público.

 

Criticou que ata o momento se teñen negado a amosar os acordos entre os socios da entidade que ten solicitado o Consello de Contas, polo que a día de hoxe non se sabe canto capital subscribiron as entidades privadas a maiores do investimento público. O que si é coñecido, puntualizou, é que “non se cumpriu ningunha das promesas do CEO de RdG”, que anunciaba unha comercializadora que abarataría a enerxía a finais de 2024.

 

Iglesias concluíu que a Sociedade Recursos de Galicia é “un híbrido sen control público que quere xogar no mercado enerxético e mesmo producir e comercializar enerxía, cando todos sabemos que nin vai ser pública, nin vai ser social, nin tampouco vai abaratar a luz a tódolos galegos e galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG reforza as medidas para loitar contra o machismo e previr o acoso

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez e a secretaria de Igualdade do partido, …

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Portos que amplíe os pantaláns do porto de Lorbé comprometidos en 2023

Silvia Longueira urxe ao goberno galego a executar canto antes a dragaxe deste porto de…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista ve “perigosa e inaceptable” a modificación da Lei de Portos que aumentou ata os 75 anos as concesións na costa

Carlos López Font denunciou que o cambio normativo facilitou a discrecionalidade: “A Xunta decide unilateralmente…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de “maltratar” aos traballadores da autovía do Salnés logo do seu rescate

Paloma Castro sinala que o goberno galego está a demostrar que “nin xestión pública, nin…

11/12/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a nova Lei do Litoral da Xunta “abre as portas a usos impropios, a intereses económicos e reducir os estándares ambientais”

Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…

11/12/2025
  • Actualidade

COMUNICADO PSdeG

En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…

10/12/2025