Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro pon de exemplo a Vigo como modelo socialista dun goberno que aporta solución fronte ao partidismo de Rueda

O candidato socialista volveu felicitarse pola proximidade da convocatoria electoral “porque estamos preparados e somos o único partido capaz de liderar o cambio transformador que precisa Galicia”

Abel Caballero di que “o día 18 de febreiro o presidente da Xunta de Galicia ten que ser Besteiro porque é a garantía de que a cidade de Vigo vai ser tratada como se merece”.

Vigo, 22 de decembro de 2023. O candidato socialista á Presidencia da Xunta. José Ramón Gómez Besteiro, mantivo esta tarde en Vigo unha reunión de traballo cos máximos representantes do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra.

A xuntanza serviu para “afondar no modelo de país que queremos para Galicia. Unha Galicia moderna e sen complexos, que camiñe e marque a senda de seu e abandone o estancamento e a tristura dos últimos 14 anos” sinalou Besteiro.

O candidato socialista puxo de exemplo deste poder transformador á cidade de Vigo que “ten moito que dicir porque é o mellor exemplo dun goberno que escoita e aporta solucións ás necesidades que demanda a súa cidadanía”. Ao tempo que expresou que “Vigo tamén é un exemplo da política de confrontación e agravios aos que somete o PP estas cidades por motivos partidistas”. Unha “confrontación que dixo “é pouco intelixente” porque tamén a leva ao Goberno de España.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reafirmou esta mensaxe: “Dos case 17 anos que levo de alcalde, 15 foron dun total hostigamento por parte da Xunta de Galicia” e enumerou grandes . “Estamos fartos. Foron a pola cidade. A súa estratexia foi danar a Vigo. Temos un serio problema de marxinación da Xunta desde 2009”, ano no que entrou o PP. “Eu quero que o día 18 de febreiro o presidente da Xunta de Galicia pase a ser Besteiro porque é a garantía de que a cidade de Vigo vai ser tratada como se merece”.

Besteiro recalcou “o poder transformador que os socialistas aplicamos nas cidades e vilas onde gobernamos que son as máis desenvolvidas, modernas, solidarias e fortes económica e socialmente. Este é o proxecto que queremos para Galicia”. “Ese dinamismo, esa potencia, que estamos levando os socialistas onde gobernamos temos que levala á Xunta de Galicia porque non nos serve un bó resultado, queremos gañar para que Galicia prospere como o resto do Estado”.

O candidato socialista á Xunta cualificou de “electoralista” o anuncio de Rueda sobre a gratuidade dos autobuses autonómicos para maiores de 65, “unha medida que é un novo exemplo de que Rueda non quería convocar as eleccións e lle obrigaron dende Madrid”.

Sobre a petición de debates a Rueda afirmou que “son necesarios para que a xente vexa que hai alternativas” e, ironizou, “aínda que ao mellor equivoqueime porque tiña que emprazar a Feijóo que parece ser o verdadeiro candidato”.

Por último, o líder dos socialistas galegos agradeceu aos seus compañeiros da provincia de Pontevedra “a súa mobilización en torno a este proxecto común, un proxecto que é de todos e para todos e no que Vigo ten moito que aportar para que se produza o cambio que tanto necesitamos en Galicia”.

“Temos propostas para sacar este país adiante e temos que aproveitar todas as oportunidades”, rematou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31