Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro reivindica o apoio do Goberno de España ás zonas de Transición Xusta de Galicia nas que impulsará 22 proxectos empresariais que crearán 270 empregos

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta contrapón a “responsabilidade do Goberno” coa parálise da Xunta que nun ano foi incapaz de certificar un euro dos 111 millóns do Fondo Europeo de Transición Xusta que lle corresponde xestionar

Detalla que os proxectos mobilizarán un investimento nestas zonas de 48 millóns de euros polo que é “unha magnífica noticia para estas comarcas”

Os proxectos desenvolveranse en oito dos concellos das zonas de Transición de Meirama e As Pontes nas provincias da Coruña e de Lugo

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2023. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro celebrou hoxe o novo apoio do Goberno de Pedro Sánchez ao desenvolvemento económico das zonas de Transición Xusta en Galicia, nas que promoverá 22 proxectos empresariais con 9 millóns de euros que van asociados á creación de 278 postos de traballo. “Estamos ante unha magnífica noticia para as comarcas vencelladas ás extintas centrais de Meirama e das Pontes, e que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso absoluto do Goberno coa súa transición xusta”, destacou o socialista.

Besteiro detallou o impacto en Galicia da resolución provisional  das dúas convocatorias de axudas xestionadas polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ), e que onte foron publicadas na sede electrónica deste departamento. Estas axudas son as primeiras certificadas coa parte que lle corresponde xestionar ao Goberno dos Fondos Europeos para a Transición Xusta (o 4% dos 868 millóns de euros outorgados a España).

O ITJ é a primeira entidade en repartir este tipo de fondos, aos que se engaden outras liñas de axuda financiadas con fondos nacionais e co Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, que xa están ao servizo das zonas de Transición Xusta. Entre eles, o tamén deputado por Lugo destacou os 12 millóns de euros concedidos a 13 concellos destas áreas para a mellora de 16 infraestruturas e equipamentos municipais, que xa están en execución ou en servizo.

O candidato socialista reivindicou o compromiso do Goberno con este proceso e confrontouno coa parálise da Xunta, que nun ano de xestión no certificou nin un só euro dos 111 millóns que conseguiu o Goberno en Europa para apoiar o desenvolvemento das áreas afectadas polo peche das centrais de Meirama e das Pontes.

22 PROXECTOS EN 8 CONCELLOS

O tamén presidente da Comisión de Transportes do Congreso explicou que as resolucións publicadas corresponden a dúas liñas de axudas, dotadas con 50 millóns de euros, que teñen como finalidade o desenvolvemento de actividades alternativas nestes municipios. A primeira liña vai destinada a proxectos empresariais (cun investimento mínimo subvencionable de 100.000 euros) e a segunda vai dirixida a pequenos proxectos de investimento (mínimo de 30.000 euros).

A primeira liña inclúe dez proxectos empresariais en Galicia que mobilizarán 45,3 millóns de euros e teñen asociada a creación de 248 postos de traballo. Estas propostas reciben 7,8 millóns de euros e executaranse en Carral, Cerceda, As Somozas, Ferrol e As Pontes, con axudas que oscilan entre os 44 mil e os 3 millóns de euros. No que respecta á segunda liña, a resolución propón a financiación de 12 proxectos que mobilizarán 3,2 millóns de euros e teñen asociada a creación de 30 postos de traballo.

Estas iniciativas serán financiadas con 1,2 millóns de euros de axuda e terán lugar en Carral, Cerceda, Cerdido, Ferrol, Muras, Ordes e As Pontes. Entre os proxectos que se impulsan atópanse iniciativas relacionadas coa industria da reciclaxe, construción, turismo, a ampliación dun centro de maiores e o equipamento dun centro para persoas con enfermidades mentais, entre outros.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38