Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro adianta que mañá reabrirá a estrada da Mariña na Areoura -Foz-

O presidente da Comisión de Transportes no Congreso, José Ramón Gómez Besteiro, salienta que “como lucense  moi unido á Mariña, fun o primeiro en demandar que se priorizase esta obra, moi complexa e cun investimento de case tres millóns de euros”

“Os socialistas somos os únicos que conseguimos resultados para Galicia”, sinala o deputado por Lugo

José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Comisión de Transportes e Mobilidade no Congreso e candidato socialista á Presidencia da Xunta, anunciou que mañá martes, 26 de xaneiro, reabrirá ao tráfico a estrada N-642 no acceso a Burela dende Foz. Unha obra complexa que precisou dun traballo continuo por parte dos operarios -traballaron mesmo na fin de semana e en horarios nocturnos nas derradeiras semanas- para rematar o antes posible.

Besteiro subliñou “o compromiso do goberno socialista con esta obra. Investimos 2,57 millóns de euros de forma urxente para reparar a importante focha e o derrubamento provocado polas intensas choivas do mes de xaneiro no punto quilométrico 42, á altura de Areoura”. O derrubamento foi tal que  comprometía a seguridade dos condutores.

O deputado por Lugo destacou que “esta é a principal vía de comunicación da Mariña e o seu peche causou grandes trastornos” polo que agradeceu ao Goberno de Pedro Sánchez o remate dunhas obras que foron complexas.

A actuación implicou a reposición da drenaxe lonxitudinal de todo o treito afectado en Areoura (Foz), a reparación da focha que orixinou a greta e a restitución do desmonte necesario para acometer as obras. “Foi unha obra complicada, pero unha vez máis, os socialistas asumimos as nosas responsabilidades e cumprimos coa palabra dada” dixo.

O deputado socialista por Lugo calculou en “máis de 20.000 os desprazamentos diarios que se realizan por esta estrada” que agora se reabre ao tráfico “unha cifra que pode chegar a triplicarse no verán”.

Colaboración institucional fronte á confrontación

Besteiro puxo en valor que os socialistas colaboran coas institucións fronte á constante confrontación de Rueda, unha política “pouco intelixente que provoca unha perda de oportunidades para o noso país. Galicia non medra como o resto de España”.

Nesta liña, salientou que “os socialistas somos os únicos  que conseguimos resultados para Galicia”. Recordou que neste mes de decembro fíxose o último vano do viaduto do Pambre en Palas de Rei (A-54, Lugo); abriuse o paso soterrado de Oleiros coñecido como “Sol y Mar”; abrirase o carril en sentido A Coruña da A-6 en Becerreá despois de arranxar o talude; e da calzada da A-6 en dirección a Madrid -mentres que continúan as obras no viaduto en dirección á Coruña-; entre outras obras. Investimentos que se achegan aos 300 millóns de euros, só nestas infraestruturas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29