Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro garante unha xestión forestal eficaz nos montes veciñais para aumentar o PIB nun punto e xerar 120 millóns de euros para os comuneiros

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, calcula que a mala xestión do PP nos montes públicos fai que as comunidades veciñais perdan unha media duns 65.000 euros por monte cada ano

Besteiro e o secretario xeral do PsdeG-PSOE, Valentín González Formoso, coinciden na necesidade de apostar polo sector forestal xa que “crea riqueza, fixa poboación no territorio e contribúe á loita contra a crise climática e os incendios

O desafío actual do sector pasa pola innovación e modernización da industria, o incremento do valor engadido e o relevo xeracional porque Galicia é un dos dez principais produtores de madeira da Unión Europea

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, reuníronse co Padroado da Fundación Arume, dedicado á defensa do piñeiro e a explotación sostible e eficaz dos montes galegos con esta especie.

Besteiro comprometeuse a cooperar co sector privado da silvicultura para xerar riqueza e exemplificou o fracaso da xestión dos montes públicos por parte do PP, que nos últimos 30 anos obtivo unha produtividade dez veces inferior a que se obtén nos montes particulares. Os socialistas “apostamos por un cambio. A mala xestión do PP está a producir unha mingua nos ingresos das comunidades de montes xestionadas pola Xunta, duns 65.000 euros anuais ou, o que é o mesmo, perdéronse 650.000 euros por monte na última década. Bastaría unha xestión eficaz e sostible no 60% da superficie para multiplicar a produción. Isto xeraría máis de 120 millóns de euros anuais para os comuneiros e engadiría un punto ao PIB galego unha vez que esta materia prima entrase na cadea da transformación industrial”.

“A vantaxe estratéxica fronte a outros sectores é que o forestal ten que estar preto do recurso e non se pode deslocalizar cara outras áreas ou terceiros países” polo que sempre “garante o desenvolvemento industrial e económico do país e a creación de postos de traballo de calidade”. Besteiro destacou o compromiso dos socialistas co sector forestal , “un dos piares do desenvolvemento rural de Galicia, xunto a agricultura e a gandaría” e subliñou a importancia do uso produtivo do territorio a través dos pastos, cultivos e terras de labor, porque protexe o monte dos grandes incendios forestais actuando como un cortalume natural. “O noso inimigo común, como sociedade, é o abandono da actividade no agro e no monte, porque redunda nunha transformación estrutural do territorio que fai imposible atallar os lumes. Uns incendios que coa emerxencia climática serán cada vez máis frecuentes e intensos”.

Tamén fixo fincapé na necesidade de investir en formación e innovación no monte galego, pero tamén nos serradoiros “principal fonte de emprego industrial en moitos dos concellos do rural galego” e na cooperación coas grandes empresas “tractoras de moitas empresas auxiliares. Cómpre apoiar o investimento en medios técnicos, axudar na transformación dixital e no acceso a fontes de enerxía renovables para mellorar a súa pegada de carbono e asegurar o relevo xeracional” afirmou.

Por último, o candidato socialista á Presidencia da Xunta referiuse á necesidade de consolidar os mercados de remuneración do CO2 para os propietarios forestais. “O monte galego absorbe a metade das emisións dos vehículos de España. Se quen contamina paga, quen descontamina debe ser remunerado. E os cartos por captación de carbono suporían unha renda adicional moi importante para comuneiros e propietarios”.

Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso resaltou a importancia da explotación forestal para a economía circular, para a loita contra o cambio climático e para combater o despoboamento do rural “unha aposta do Goberno de España que redundaría nunha importante achega de fondos Next Generation para este sector”.

Fundación Arume

Presidida por José Carballo, a Fundación Arume é unha asociación sen ánimo de lucro impulsada por distintos colectivos do sector forestal galego, que aglutina a propietarios forestais, cooperativas, industria, etc. Busca o desenvolvemento do piñeiro en Galicia (dende a plantación á posta en valor a través da transformación industrial). Os representantes da Fundación aseguraron que “Galicia está no lista dos dez países produtores de madeira da Unión Europea, pero non no da industria forestal”, polo que reclaman afondar na transformación industrial do sector (investigación, innovación…).

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23