Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo denuncia presunto trato de favor na xestión de axudas públicas para un proxecto privado da ex alcaldesa de Melide

A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo levou ao Parlamento a auto concesión, por parte da ex alcaldesa de Melide, dunha axuda pública de 177.643 euros para a rehabilitación da antiga casa reitoral de Santo Estevo de Vilamor, en Toques. Rodríguez Rumbro presentou unha pregunta oral para denunciar a falla de control da Xunta na xestión desta axuda, aínda en trámite, a través do GDR do que a propia García Couso é secretaria.

A parlamentaria socialista denunciou a “absoluta falla de ética” na xestión do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla – Tambre – Mandeo, que vén de aprobar a dita axuda para a posta en marcha dunha pensión de 3 habitacións no camiño primitivo, que conta cun orzamento total de 381.000 euros, posto en marcha pola ex alcaldesa, actualmente concelleira do PP en Melide.

Rodríguez Rumbo lembra que a ex alcaldesa foi integrada no dito GDR como representante dunha asociación veciñal sen actividade coñecida, que foi designada sendo alcaldesa de Melide, nun proceso que rematou coa concesión desta lucrativa axuda, concedida ao proxecto de Toques “deixando fora outros proxectos”.

Advertiu que “non parece que o GDR estea a cumprir na realidade” cos requisitos para os que foi concibido, como é contar cun conxunto de interlocutores públicos e privados con arraigo no territorio dende o punto de vista sectorial e territorial. Puntualizou que a directiva está integrada na súa inmensa maioría por concelleiros ou persoas vencelladas ao PP.

Lembrou que o presidente é o alcalde de O Pino, e os vicepresidentes son os rexedores de Touro e de Boimorto, apartada da primeira liña do PP logo da súa implicación no affaire da vacina da covid – 19, mentres o tesoureiro é o alcalde de Vilasantar e a secretaria é a propia portavoz do PP en Melide e ex alcaldesa.

Sen embargo, esta maioría política esténdese aos vogais, que teoricamente deberan representar a asociacións civís, pero na realidade 5 do total de 11 son concelleiros e concelleiras precisamente do PP, e outra máis é cónxuxe doutro representante municipal daquel partido.

Rodríguez Rumbo sinalou que “a Xunta ten que ter supervisión” sobre as actuacións deste órgano encargado de xestionar 5,2 millóns de euros cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural para os dous próximos anos. O goberno galego debera, dixo, “garantir que se están a cumprir as estratexias previstas e que os proxectos son os máis acaídos” para o conxunto da poboación do rural, que “vai máis alá da ex alcaldesa de Melide”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57