Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Begoña Rodríguez Rumbo contrapón o “apoio imprescindible” da Deputación da Coruña aos concellos fronte a unha Xunta “indolente” que non lles achegou nin un só euro durante a pandemia

A parlamentaria do PSdeG sinala que o organismo provincial é “un exemplo de xestión transparente” mentres o goberno galego segue a beneficiar maioritariamente aos municipios gobernados polo PP

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, evidenciou hoxe “apoio imprescindible” da Deputación da Coruña aos concellos durante a crise sanitaria, económica e social derivada da pandemia. A deputada socialista contrapuxo este compromiso coa “indolencia” dunha Xunta de Galicia “que non achegou nin un só euro aos concellos galegos para afrontar esta situación”.

Así, mentres “houbo administracións, como a Deputación da Coruña, que se arremangaron e se puxeron a traballar inmediatamente cos concellos”, outras, como o goberno galego, “leva 12 anos sen dotalos do financiamento necesario”.

Begoña Rodríguez Rumbo realizou estas declaracións durante a comparecencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na comisión de orzamentos do Parlamento de Galicia. Neste contexto, a parlamentaria do PSdeG tamén puxo en valor o exercicio de “transparencia” do organismo provincial fronte ás 115 entidades instrumentais da Xunta, que xestionan o 15 por cento do total do orzamento autonómico e que levan dende a chegada de Feijoo ao goberno “sen comparecer no Parlamento para render as súas contas”.

“Esta é”, afirmou Rodríguez Rumbo, “unha mostra máis da falla de transparencia do goberno galego”.

O COMPROMISO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Neste escenario, Begoña Rodríguez Rumbo lembrou que en 2021 a Deputación da Coruña puxo en marcha o PEL-Concellos Reactiva 2021, cunha partida de 6 millóns de euros para concellos de menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de que estes concellos puideran prestar os servizos mínimos municipais.

Ademais, salientou o PEL-Reactiva Cidades, dotado con 3 millóns de euros, para complementar as axudas das tres cidades da provincia de apoio ás micropemes e persoas traballadoras autónomas. Tamén puxo en marcha un Fondo para a Reactivación socioeconómica da provincia: o PEL-Reactiva, dotado con 10 millóns de euros de fondos propios, para que os concellos de menos de 50.000 habitantes colaborasen co seu tecido produtivo a saír da crise.

En consecuencia, Begoña Rodríguez Rumbo subliñou que o traballo da Deputación da Coruña permitiu que os municipios da provincia puideran facerse cargo das novas necesidades chegadas coa pandemia e atender á súa poboación. Entre esas necesidades, cubriuse, por exemplo, a intensificación da limpeza dos centros sanitarios e educativos, cando esas competencias son da Xunta.

Ao mesmo tempo, conseguiu “colaborar co tecido produtivo do seu territorio para saír o menos danado e o máis axiña posible desta crise”, atender o incremento das necesidades de carácter social e potenciar o emprego.

XESTIÓN TRANSPARENTE

Por outra banda, Begoña Rodríguez Rumbo remarcou o “exemplo de xestión transparente e adaptada á realidade actual” da Deputación da Coruña. Nesta liña, incidiu en que “rematou co clientelismo político na concesión de axudas aos concellos” ou en que “estableceu criterios claros, obxectivos e coñecidos por todos os concellos a principios do exercicio para o reparto de axudas”.

Por contra, a Xunta repartiu 30,6 millóns de euros, dos que o 81 por cento foron para concellos gobernados polo PP. Ademais, denunciou que o goberno galego convoca subvencións en concorrencia non competitiva que se esgotan en minutos dende a apertura do prazo, “e nas que tamén os concellos máis beneficiados son os do Partido Popular”.

“Este é o xeito de gobernar da Xunta”, indicou a deputada socialista, antes de lembrar tamén que o goberno galego se nega a abordar dunha vez a Lei de financiamento local ou a transferir os recursos necesarios aos concellos cando lle transfire competencias. Iso, sen contar con que a Xunta “non asume as competencias impropias que teñen atribuídas nas Leis e que están exercendo os concellos”.

A XUNTA SEGUE SEN DOTAR AOS MUNICIPIOS DO FINANCIAMENTO NECESARIO

Así, Begoña Rodríguez Rumbo explicou que, nos 12 anos de goberno de Feijoo, “a Xunta de Galicia lexislou outorgando máis competencias aos concellos, pero sen dotalos do financiamento necesario para desenvolver esas competencias”.

Neste aspecto, recordou que “o rodillo do PP impediu unha e outra vez” que saísen adiante as iniciativas presentadas polo Grupo Socialista para abordar este tema, así como para que se fixasen de criterios obxectivos no reparto de subvencións, de acordo cos documentos aprobados por unanimidade de todos os grupos políticos no seo da Fegamp”.

Por último, a voceira de Orzamentos do Grupo Socialista explicou que o Fondo de Cooperación Local consignado dos orzamentos da Xunta ascende a 112 millóns de euros, a mesma cantidade que nos últimos 12 anos e 6 millóns menos que no último ano do goberno Touriño.

Estas cifras contrastan cos Plan Único da Deputación da Coruña, que -con 64,6 millóns de euros a repartir entre todos os municipios da provincia- supuxo o 35 por cento do orzamento total do organismo provincial no ano 2021. No caso dunha deputación gobernada polo PP, como a de Ourense, tan só se dedicou a este apartado o 9 por cento.

En conclusión, “esa é a diferencia entre un goberno socialista e un goberno do PP, porque onde hai gobernos socialistas, gobérnase para todos os concellos por igual, mentres que o PP só o fai para os municipios da súa mesma cor política”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57