Categorías: Actualidade

Baixo consumo de peixe en Galicia

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, esixiulle hoxe ao goberno galego que poña en marcha medidas de impulso do consumo de peixe. A responsable socialista levou unha pregunta oral á Comisión de Pesca na que advertiu que o 85 por cento da poboación galega consume menos peixe con menos frecuencia da recomendada, que é de 3 a 4 veces á semana.

Toja reivindicou “maior promoción” do consumo de peixe e información sobre as vantaxes do seu consumo, así como maior formación dos profesionais e “promover a innovación á hora de producir e de vender”. Sinalou que a actualización é “unha ferramenta indispensable para fortalecer ao sector a través do pequeno comercio.

A responsable socialista levou ao Parlamento o último informe da Unión de Consumidores de Galicia sobre o consumo deste produto, que sinala que o 27 por cento dos galegos e das galegas consume peixe unicamente unha vez á semana, e o 10 por cento aínda con menor frecuencia “ou nunca”. O 48 por cento dos galegos e das galegas consumen peixe dúas ou tres veces á semana, por debaixo da contía recomendada.

Consumo entre os mozos e mozas

Alertou ademais do escaso consumo de peixe entre as persoas mozas, xa que só o 37 por cento dos xóvenes de entre 18 e 30 anos consumen peixe unha vez por semana, e o 19 por cento “con menor frecuencia ou nunca”. Explicou que “isto significa que 1 de cada 5 persoas de entre 18 e 30 anos non consume peixe nin sequera unha vez á semana”.

Advertiu fronte ao “desleixo” do goberno galego á hora de promover o consumo dun produto que resulta fundamental para a saúde humana, con importantes beneficios para a saúde como fonte de ácido Omega 3, calcio, iodo e a alta concentración de nutrientes, vitaminas e minerais. Recentes estudos, ademais, apuntan á relación do seu consumo cun menor risco de padecer diabetes.

Pantaláns de Cabo de Cruz

Por outra parte, Loli Toja esixiulle hoxe á Consellería de Pesca que actualice o proxecto de construción de pantaláns no porto de Cabo de Cruz. Toja presentou unha pregunta oral na que denunciou que as reiteradas demoras provocou que o proxecto se quedara obsoleto, xa que contempla embarcacións de 2009 “que xa non existen” e inoperativo para as naves actuais.

Toja explicou que o proxecto actual, co expediente 3/2018/CNTOB, é rexeitado polo sector, que considera que non ten en conta as condicións reais dos barcos, e criticou que a Xunta “sexa incapaz de explicar se dispoñen dun plan alternativo que cumpra coas peticións dos bateeiros”.

A responsable socialista levou ao Parlamento as demandas dos bateeiros de Cabo da Cruz, que alertan que as medidas tomadas como referencia ás embarcacións “non son un parámetro válido na actualidade” xa que son moi diferentes ás que hai actualmente a flote. Advertiu que esta incongruencia “crea graves problemas de operatividade” chegando a “impedir que os novos barcos poidan usar os pantaláns”.

Toja instou ao goberno galego a actualizar un proxecto para a construción de espazos para embarcacións de acuicultura por un importe total de 6 millóns de euros. A obra continúa sen executarse a pesares dos reiterados retrasos e de que nos orzamentos de 2018 tiña unha partida de 1,7 millóns de euros, que ascendeu a 2 millóns de euros nos orzamentos do ano 2019.

Toja advirte que o deseño previsto supón “un grave problema de seguridade para as persoas” e reclama que “ante esta sucesión de atrasos e de incertezas” o goberno galego explique “en que situación se atopa o proxecto, determinar se recolle as modificacións precisas e sinale se é preciso realizar unha nova licitación”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18