Categorías: Actualidade

“Atonía lexislativa” e “parálise institucional” da Xunta de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, responsabilizou hoxe ao presidente da Xunta da “atonía lexislativa, a parálise nos nomeamentos necesarios e a parálise parlamentaria” de Galicia. Así o dixo na sesión de control ao presidente no Pleno do Parlamento, na que situou ao PP como “forza retardataria do progreso, o crecemento e as reformas que Galicia precisa”.

O responsable socialista criticou que o goberno galego se teña especializado na “xestión da inercia, pero non das reformas que Galicia necesita”, e lembrou que se ben o ano pasado só aprobaron 3 leis das 11 previstas, e dúas delas viñan de 2017, este ano nin sequera presentaron calendario lexislativo “para non incumprilo”. Sinalou ás leis de Emprego e de Impulso Demográfico, das que a día de hoxe “non está circulando nin un anteproxecto”.

Advertiu que co ritmo pausado do goberno galego, aínda de ser aprobadas, estas leis non terían efectos ata a próxima Lexislatura, retrasando de novo a acción fronte á regresión demográfica ou a polarización territorial, así como afrontar as dificultades para producir emprego “en volume e cantidade suficiente”. Tampouco actúan, dixo, fronte ao deterioro da sanidade, negándose a xestionar e bloqueando tódalas iniciativas da oposición.

Parálise institucional

Engadiu á parálise nos nomeamentos institucionais pendentes, como o caso dos 3 senadores por designación autonómica, dixo, á espera dos “equilibros internos” do PP cando podían levar un mes elixidos. Lembrou que a Mesa do Parlamento habilitara o trámite para pechar a elección dos senadores nesta mesma sesión plenaria pero que o PP negouse a incluílo en contra do criterio do resto dos grupos na Xunta de Portavoces.

Sinalou ademais á situación da Valedora do Pobo, nunha “sorte de interinidade” logo da condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a presidencia do Consello Económico e Social, tamén en interinidade dende o nomeamento da súa titular para presidir a xestora do PP de Vigo. Algo semellante sucede co director xeral da CRTVG, “interino dende hai demasiado tempo” á espera dun “novo proxecto e nova dirección”.

Tamén criticou que o PP manteña abertas e bloqueadas sine die as comisións de investigación da situación da Sanidade ou das Caixas de Aforro, á espera de aprobar as conclusións dende hai 2 anos “mentres pechan entidades, concentran sucursais e padecemos segregación financeira”.

Lista máis votada

O responsable socialista retrucoulle hoxe ás críticas de Feijóo contra os acordos de goberno sinalando que “defenden que goberne a lista máis votada… agás en Ourense, onde queren apoiar o goberno de Democracia Ourensana”. Sinalou que as pasadas eleccións xerais “refrendaron 10 meses de goberno do PSOE” fronte á inestabilidade e bloqueo do PP e, sinalou, “o que non apoiaron foi a súa forma de oposición e os seus pactos con Vox”.

Finalmente, en resposta aos argumentos de Feijóo lembrando o apoio do PP a candidatos socialistas ao Consello de Administración da CRTVG, lembrou que “o seu grupo e vostede mesmo non votaron a Fraga como senador e tivemos que votalo outros”, lembrando que en 2008 o ex presidente galego foi nomeado senador cos votos de PSdeG e BNG e non do PP, que emitira votos nulos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13