Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para urxirlle á Xunta medidas para incorporar á mocidade ao rural

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe unha Proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego que tome medidas eficaces co obxectivo de incorporar á mocidade ao rural. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presentou esta iniciativa para urxirlle á Xunta a tomar medidas fronte ao despoboamento do rural, o paulatino abandono de terras e a súa desertización.

Fernández explicou que un territorio como o de Galicia, no que o rural supón ata o 80 por cento do territorio e só acolle ao 20 por cento da poboación, ten ao 80 por cento da súa poboación residindo no medio urbano, que ocupa tan só o 20 por cento do territorio. Reclamou “políticas activas, claras, efectivas e avaliables que promovan a incorporación da mocidade para facilitar o relevo xeracional”.

Advertiu que as políticas do goberno galego postas en marcha ata o momento na que o propio Feijóo deu en bautizar como “a Lexislatura do rural” teñen demostrado que “non foron capaces de fixar poboación” neste entorno. Presentou esta iniciativa parlamentaria para darlle unha chamada de atención na procura dun rural “dinámico e multifuncional” e para “atallar a dinámica negativa e promover políticas que superen esta situación”.

Apuntou ás oportunidades do medio rural en materia de emprego, transformación láctea ou aumento do peso dos produtos agrarios e gandeiros na cadea de valor, que precisan dun esforzo de modernización e adaptación das estruturas agrogandeiras e dos recursos humanos.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a apostar pola modernización das estruturas produtivas agrarias e gandeiras, cun seguimento público e verificable no relativo aos seus resultados anuais, coa finalidade de medir a consecución do obxectivo da incorporación da mocidade ao mercado laboral para facilitar o relevo xeracional”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08