Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta coas peticións das confrarías da Mariña para protexer ao ourizo de mar da sobreexplotación

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que repita as mostraxes sobre a poboación de ourizo de mar na Mariña. A portavoz de Marisqueo, Patricia Otero, presentou esta iniciativa coa proposta das confrarías de Lugo logo de ter autorizado a extracción mediante mergullo, que pon en perigo esta especie.

A responsable socialista presentou hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento as peticións das confrarías fronte aos plans de xestión de recursos específicos en Galicia, publicada o pasado 20 de decembro habilitando a explotación do equinodermo pola empresa Aresmar. As confrarías, explicou, presentaron alegacións que foron desatendidas pola Xunta xa que entenden que a autorización deriva dun informe “de parte” a raíz de mostras nos lugares sinalados pola empresa.

De acordo coa proposta aprobada hoxe, o goberno galego deberá facer unha nova mostraxe, desta vez aleatoria e cos seus medios propios, e a partir dos resultados valorar de novo a autorización da extracción do equinodermo mediante mergullo con subministro de aire dende a superficie”.

Otero reclamoulle ao PP “coherencia” coas declaracións do propio José Manuel Balseiro, cando era deputado do PP en 2011 e 2012, quen alertara do impacto negativo na especie das novas fórmulas de mergullo. A parlamentaria socialista explicou que o ourizo hoxe non se atopa en perigo, pero vén de sufrir etapas de peche, e a autorización desta modalidade de extracción pode esgotalo e prexudicar aos mariscadores a pé.

Sobreexplotación

Hoxe hai 29 mariscadores a pé que teñen un tope de extracción de 50 quilos diarios, e que retiran 1.480 quilos ao ano, ademais de que dependen ademais das mareas e da situación atmosférica. Sen embargo, hai 2 lanchas con 4 mergulladores que ademais de que non dependen das mareas e son menos sensibles ás condicións atmosféricas, poden retirar 80 quilos diarios por persoa, o que eleva a extracción a 6.480 quilos ao ano.

A parlamentaria da Mariña sinalou que “non estamos a pedir que se prohiba esta modalidade de extracción, senón que se faga unha mostraxe obxectiva e, en función dos resultados, decidan se a autorización de mergullo é factible ou non”. Reclamoulle ademais ao PP que “expliquen por que agora autorizan unha modalidade de recollida da especie que antes criticaban”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a realizar unha mostraxe aleatoria da existencia do ourizo de mar na Mariña lucense, realizado por biólogos da Consellería do Mar e que en función dos resultados desa mostraxe valore a posibilidade de permitir ou non a extracción do ourizo mediante mergullo con subministro de aire dende a superficie”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41