Categorías: Actualidade

A Xunta debe mediar para resolver o conflito entre a extracción de mexilla e os percebeiros

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, criticou hoxe a negativa do PP a unha proposta socialista chamando á mediación do goberno galego para resolver o conflito entre os mariñeiros dedicados á extracción de mexilla e os percebeiros. Alertou do conflito entre estas dúas especialidades ao coincidir as zonas de cría de mexilla –cría de mexillón- coas mellores zonas de aproveitamento de percebe.

Toja explicou que os mariñeiros que viven da extracción de percebe “séntense enormemente prexudicados pola xestión do goberno galego a favor dos bateeiros”, nun conflito que “afecta moi negativamente ás economías das vilas ante o silencio da Xunta”. Explicou que os bateeiros extraen a cría de mexillón –a mexilla- nas rochas nas que cría tamén o mellor percebe, unha cría que desbotan coa súa actividade.

Advertiu que os percebeiros “ven con asombro, rabia e impotencia o abuso que supón que se poida extraer mexilla por todo o litoral galego, destruíndo todo o labor de protección e coidado deste recurso”. Explica que “todos estes non serven para nada se logo o Goberno galego autoriza estas prácticas, que son legais pero que impiden o crecemento do percebe e desbota todo o seu traballo”, facendo que todo un sector se sinta indefenso e vítima dunha inxustiza.

Alerta dun conflito larvado ao que a Xunta está respondendo “coa súa estratexia habitual de manter ao sector dividido”, o que “da lugar a constantes enfrontamentos e conflitos nos que se bota de menos a xestión da Consellería do Mar”.

Reclamoulle así á Xunta que atenda ás peticións do sector dos percebeiros que demandan da intervención do goberno galego para “establecer zonas exentas de extracción de mexilla nas áreas de especial sensibilidade para o percebe galego”. Sinalou ademais ao resto das propostas presentadas polos percebeiros, que reclaman que os extractores de mexilla comuniquen ás confrarías onde van traballar, ademais de establecer controis de peso nos pósitos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08