Categorías: Actualidade

Actitude silente de Feijóo ante a discriminación de Galicia no modelo de financiamento

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou hoxe que Feijóo dea “a calada por resposta” fronte a un modelo de financiamento “clara e abertamente discriminatorio” para Galicia. O responsable socialista empregará a próxima sesión de control para poñer ao presidente da Xunta fronte a un modelo que pasou de beneficiar a Galicia por enriba da media co modelo de 2009 a situarse por debaixo cos mecanismos extraordinarios de financiamento.

O responsable socialista sinalou hoxe ao estudo asinado polo director executivo da Fundación de Estudos de Economía Aplicada –Fedea-, membro da Comisión de Expertos de financiamento autonómico e asesor de Facenda, Ángel de la Fuente. Este apunta unha clara “distorsión” provocada no sistema de financiamento autonómico polos préstamos do Goberno ás comunidades autónomas.

Advertiu que Galicia pasou de percibir 2.300 por habitante e ano co modelo de financiamento de 2009, por riba dos 2.195 da media, unha cifra duramente criticada por Feijóo, a situarse por debaixo da media logo de aplicar os mecanismos de financiamento extraordinario –FLA e Fondo de Facilidade Financeira- con Montoro. Este sistema extraordinario supón que Galicia apenas percibe 1 euro por habitante e ano fronte aos 141 de Valencia.

Fernández Leiceaga censurou que o presidente galego teña pasado da crítica cando Galicia estaba beneficiada a unha “actitude silente” agora que resulta prexudicada polos novos instrumentos.

Incentivos perversos

Este sistema, apunta, resulta claramente “discriminatorio a favor de quen incumpre as normas”, tal e como demostra o propio informe de Fedea, o que, resumiu, “sería coma se na casa premiamos aos fillos que se portan mal e castigaramos aos que se portan ben, provocaría unha situación difícil de xestionar”. Estes “incentivos perversos” supuxeron entre 2012 e 2016 préstamos por 53.000 millóns para Cataluña e só 3.000 para Galicia.

As subvencións indirectas seguen a mesma liña, con 5.300 millóns para Cataluña, 4.000 para Valencia ou 1.200 para Castela A Mancha e apenas 29 para Galicia, e a resposta de Feijóo foi “criticar un sistema que nos trata ben e ningunha resposta diante dun sistema que nos discrimina clara e abertamente”.

Este modelo, advertiu, penaliza ás comunidades autónomas cumpridoras, consolida incentivos equivocados e provoca un risco moral “moi alto” e anunciou que na próxima sesión plenaria “esixirémoslle ao presidente da Xunta que nos diga o que vai facer para evitar” esta situación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13